Caso STL
Novas
Folga lixo

Ante a folga de lixo, Jorquera pide a adopción de "medidas extraordinarias"

Ante a forma en que se está a producir a folga na recollida do lixo -con días en que non está declarada, pero continúa de forma encuberta, e coa falta de cumprimento dos servizos mínimos- o grupo municipal do BNG propón a adopción de “medidas extraordinarias” por parte do Goberno Local, “ao abeiro do que establece a lei”.
Ler novas
Novas
Conferencia de prensa propostas BNG para os orzamentos do Concello 2024. Francisco Jorquera.

Jorquera leva ao Pleno a investigación pendente das eventuais responsabilidades das concesionarias no caso STL

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, vaille lembrar ao Goberno Local -a medio dunha pregunta oral no Pleno do vindeiro xoves- o seu compromiso de abrir “un proceso de investigación para determinar se as concesionarias dos servizos de limpeza e recollida de lixo” se inhibiron das súas responsabilidades sobre a política de contratación e eventualmente as delegaron no STL.
Ler novas