O Pleno de xullo aprobou, a instancias do BNG, e por unanimidade, instar o Goberno Local a adoptar medidas extraordinarias que poñan fin a unha folga, a da recollida do lixo, que ameaza con derivar nun problema para a saúde pública.
Unha folga movida por intereses espurios, como deixa ver con clareza o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera.