casa-cornide
Vídeo
Para cando a demanda do Concello sobre a Casa Cornide?

Para cando a demanda do Concello sobre a Casa Cornide?

Hai nove meses que o Concello da Coruña xa dispón de informes de profesores da UDC que indican que unha demanda para recuperar a titularidade da Casa Cornide conta con suficientes garantías de éxito. Mais tal acción xudicial non acaba de ser formulada, o que motivou unha recente pregunta en Pleno de Avia Veira e o que anima agora o BNG da Coruña a lanzar un vídeo sobre o asunto.

O vídeo retrata, desde un rexistro humorístico e cun elenco encabezado pola inefábel parella Francisco Franco e Carmen Polo, como foi artellada a fraude que levou a que a Casa Cornide -xoia arquitectónica barroca en pleno corazón da Cidade Vella, en tempos sede do Concello-, fose espoliada polo ditador, coa entusiasta colaboración de connotados fascistas locais como Pedro Barrié de la Maza ou o naquela altura alcalde Sergio Peñamaría de Llano, devotos franquistas que continúan a contar con rúas na nosa cidade.

Ler novas
Novas
Furgoneta no garaxe da Casa Cornide

O BNG leva ao Parlamento a apertura ao público da Casa Cornide

A deputada do BNG Mercedes Queixas rexistrou unha batería de preguntas no Parlamento galego por medio das cales se interesa por saber como e cando a Xunta vai garantir a inmediata apertura ao público da Casa Cornide após a publicación no DOG, en maio pasado, da incoación do procedemento de declaración do palacete como Ben de Interese Cultural.
Ler novas
Novas
Furgoneta no garaxe da Casa Cornide

Interpelado sobre o espolio dos bens da Casa Cornide, Celemín alude á "presunción de inocencia"

Interpelado no Pleno por Francisco Jorquera sobre que medidas se pensan adoptar desde o Goberno Local para impedir o espolio dos bens que hai no interior da Casa Cornide, a súa retirada nunha furgoneta foi denunciada polo BNG o pasado 22 de decembro, o concelleiro delegado de Memoria Histórica, Jesús Celemín, apelou á "presunción de inocencia” dos Franco e non anunciou ningunha medida inmediata do Concello para a evitar.
Ler novas