Novas

Para cando a demanda do Concello sobre a Casa Cornide?

Hai nove meses que o Concello da Coruña xa dispón de informes de profesores da UDC que indican que unha demanda para recuperar a titularidade da Casa Cornide conta con suficientes garantías de éxito. Mais tal acción xudicial non acaba de ser formulada, o que motivou unha recente pregunta en Pleno de Avia Veira e o que anima agora o BNG da Coruña a lanzar un vídeo sobre o asunto.

O vídeo retrata, desde un rexistro humorístico e cun elenco encabezado pola inefábel parella Francisco Franco e Carmen Polo, como foi artellada a fraude que levou a que a Casa Cornide -xoia arquitectónica barroca en pleno corazón da Cidade Vella, en tempos sede do Concello-, fose espoliada polo ditador, coa entusiasta colaboración de connotados fascistas locais como Pedro Barrié de la Maza ou o naquela altura alcalde Sergio Peñamaría de Llano, devotos franquistas que continúan a contar con rúas na nosa cidade.

Para cando a demanda do Concello sobre a Casa Cornide?