PREGUNTA ORAL DE FRANCISCO JORQUERA NO PLENO DO 14X

Que vai facer o Goberno Local para evitar o espolio da Casa Cornide?

Mercedes Queixas e Francisco Jorquera. Casa Cornide.
Un momento da última acción reivindicativa
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vaille preguntar ao Goberno Local, no Pleno do próximo xoves 14 de xaneiro, que medidas pensa impulsar para evitar que os Franco espolien os bens que se atopan no interior da Casa Cornide.
Que vai facer o Goberno Local para evitar o espolio da Casa Cornide?

O pasado 22 de decembro, e ao ter sido advertido pola veciñanza da Cidade Vella, o BNG denunciou que os Franco estaban a retirar bens do palacete que usurparon durante a ditadura. Fotos dunha furgoneta a entrar e saír do garaxe da Casa Cornide testemuñaban unha acción semellante á realizada semanas atrás no Pazo de Meirás.

É preciso, pois, que o Concello da Coruña tome cartas no asunto e faga xestións para o espolio non se consumar.

É preciso tamén que o Concello dea cumprimento efectivo ás dúas mocións formuladas polo BNG no que levamos de mandato en relación á Casa Cornide. As dúas foron aprobadas polo Pleno: unha primeira á altura de setembro de 2019 e a máis recente de outubro de 2020 en que se instaba o Goberno Local a que activase as accións xudiciais pertinentes perante os tribunais para lograr a restitución da Casa Cornide ao patrimonio público da cidade.

É preciso, pois, que o Concello da Coruña tome cartas no asunto e faga xestións para o espolio non se consumar.

“O Concello ten que actuar e para iso ten varias ferramentas”, afirma Francisco Jorquera. “En primeiro lugar”, acrecenta, “e como pedía a moción do BNG aprobada polo Pleno, ten que iniciar xa accións legais, interpondo unha demanda contra os Franco para conseguir a restitución da Casa Cornide e solicitando medidas a adopción de medidas cautelares para evitar que os descendentes baleiren o palacete. En segundo lugar, ten que urxir a Xunta a que declare xa a Casa Cornide Ben de Interese Cultural e que declare BIC non só o continente, senón o contido, para evitar que os descendentes do ditador engadan un novo espolio a súa xa longa lista de usurpacións”.

O BNG levou tamén esta cuestión, o pasado 17 de novembro, ao Parlamento galego, a través dunha proposición non de lei da autoría de Mercedes Queixas. A iniciativa foi aprobada por unanimidade e urxía a Xunta a que acelerase a declaración do palacete como Ben de Interese Cultural.

En todo caso, o BNG considera urxente que se faga canto antes un inventario dos bens que conteña a Casa Cornide para evitar que a familia Franco perpetre unha mudanza que lle permita apropiarse definitivamente de bens que pertencen ao patrimonio común das coruñesas e coruñeses.

 

Que vai facer o Goberno Local para evitar o espolio da Casa Cornide?