casa-cornide
Vídeo
Jorquera fai en María Pita a pregunta total

Jorquera fai en María Pita a pregunta total

A pregunta total é a que no seu día inmortalizara o malogrado e mítico xornalista deportivo coruñés Lolo Gantes, cando, nunha conferencia de prensa e dirixíndose ao naquela altura adestrador do Deportivo, inquirira: “Arsenio, que?”.

Pois iso mesmo preguntará Jorquera no Pleno deste xoves 12 de xaneiro ao Goberno Local. “E formulamos así a pregunta”, esclarece o voceiro nacionalista no Concello, “porque xa non sabemos como preguntarlle ao Goberno de Inés Rey pola Casa Cornide para que dea unha resposta concreta”.

Unha resposta concreta sobre cando vai presentar, se finalmente o vai facer, a demanda para este palecete, que no seu día foi sede do Concello e que foi usurpado durante a ditadura polos Franco, ser restituído ao seu lexítimo dono, o pobo da Coruña.

Ler novas
Novas
Marcha Cívica Casa Cornide. 7 de novembro de 2020.

A Casa Cornide, outra vez á venda

A concelleira do BNG Avia Veira manifesta o seu “asombro” ante a reaparición da Casa Cornide, un palacete que en tempos foi sede do Concello da Coruña e que foi espoliado pola ditadura franquista, nun portal dixital de venda de inmóbeis.
Ler novas
Vídeo
8 anos para presentar a demanda sobre a Casa Cornide?

8 anos para presentar a demanda sobre a Casa Cornide?

Eis o debate no Pleno entre o noso portavoz no Concello, Francisco Jorquera, e o concelleiro de Memoria Histórica, Jesús Celemín, sobre a Casa Cornide. Conclusión? Que o Goberno Local pon como tope 2027 (!) para presentar a demanda para recuperar a Casa Cornide. Pois seica 8 anos foi o tempo empregado por Michelangelo en pintar a Capela Sixtina.

"Teñen de verdade vontade política de iniciar a batalla legal para que os Franco nos devolvan o roubado?", pregúntalle Jorquera e Celemín responde que "ten tempo sobrado" para presentar a demanda, sendo que Buonarroti non só pintou os frescos da bóveda, senón tamén o altar.

Ou sexa, falta vontade política no Goberno de Inés Rey -que dispón dun informe xurídico favorábel desde decembro de 2020- para ir aos tribunais e encetar o proceso que leve á restitución á cidade dunha xoia do barroco coruñés que en tempos até foi sede do Concello.

Ler novas
Novas
Mercedes Queixas e Francisco Jorquera. Casa Cornide.

Jorquera ironiza e pregúntalle ao Goberno Local se vai presentar a demanda pola Casa Cornide antes do remate do século XXI

Será capaz o Goberno Local de presentar a demanda xudicial para conseguir a restitución da Casa Cornide ao patrimonio público antes da conclusión do presente século? Botando man da ironía esta é a pregunta que o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, lle vai dirixir ao Goberno Local no Pleno ordinario deste vindeiro xoves 13X.
Ler novas