IRIA TAIBO E PAULO RÍOS LEVARÁN O ASUNTO AO PARLAMENTO GALEGO

Reunímonos con veciñas que denuncian o mal funcionamento do transporte público entre Sada, Oleiros e A Coruña

Deputada e deputado BNG con veciñas Sada descontentas co transporte público á Coruña
Foto de grupo deputada, deputado e portavoz do BNG coas veciñas de Sada
Iria Taibo e Paulo Ríos -deputada e deputado do BNG no Parlamento galego-, acompañados do noso portavoz en Sada, Emilio Graña, compareceron ante os medios para denunciar o mal funcionamento do transporte inter-urbano entre Sada, Oleiros e A Coruña.
Reunímonos con veciñas que denuncian o mal funcionamento do transporte público entre Sada, Oleiros e A Coruña

Fixérono cando un grupo de usuarias deste transporte, competencia da Xunta de Galiza, que desde hai semanas recollen sinaturas contra o recorte no número de servizos directos que comunican Sada, pasando por Oleiros, coa Coruña.

“O pasado 28 de maio”, explica unha persoa afectada, “a Xunta vendeunos a mellora dos servizos a través dun comunicado. Mais foi todo o contrario. Pasamos de ter 44 servizos directos á semana a 14. Os restantes 30 convértense nun chamado servizo lanzadeira que nolo presentaron como unha vantaxe, pero que obriga a facer transbordo e que as usuarias nos baixemos na Valexa, no linde entre Sada e Oleiros. Alí, nun descampado sen infraestrutura, temos que agardar por un novo bus entre media hora, no mellor dos caos, e unha hora”.

“Os buses van petados e a xente está moi descontenta. Non entendemos estas mudanzas porque até agora o servizo funcionaba”, engade.

“O servizo foi minguado”, denuncia Iria Taibo, “e non mellorado como falsamente afirmou o conselleiro de Mobilidade. No canto de recortar frecuencias, a Xunta tería que as ampliar e facilitar así a mobilidade sustentábel a través do transporte público como alternativa ao uso do automóbil particular”.

Na reunión que a deputada e o deputado mantiveron con estas usuarias, “tivemos a oportunidade de coñecer as súas reivindicacións, que naturalmente trasladaremos ao Parlamento galego, e de sabermos os pasos que van a dar nos próximos días probabelmente a constitución dunha plataforma”, refire Taibo.

Boa proba da existencia dunha demanda social da mellora deste servizo público -prestado en réxime de concesión- é que as veciñas en moi pouco tempo “recolleron máis de mil sinaturas”.

 

 

 

 

 

Reunímonos con veciñas que denuncian o mal funcionamento do transporte público entre Sada, Oleiros e A Coruña