AS Percebeiras
Novas
Paseo reivindicativo nas Percebeiras. 25 de outubro de 2020.

Imaxes e palabras contra o cemento nas Percebeiras

Un veciño de Labañou fai fotografías pola cidade adiante. Esqueletos de edificios abandonados, vivendas baleiras. Iso é o que a súa cámara recolle en imaxes. Ese mesmo veciño vive nun barrio sobre o que paira agora a ameaza de ser asolagado con aínda máis cemento, máis vehículos, máis contaminación. No seu horizonte está infelizmente o proxecto das Percebeiras, unha actuación urbanística impulsada polo Goberno Local que conta coa oposición da veciñanza e do BNG.
Ler novas
Vídeo
As Percebeiras: Non estamos sós

As Percebeiras: Non estamos sós

Eis imaxes e palabras contra o proxecto de asolagar de cemento As Percebeiras. Fotografías e palabras dun veciño de Labañou que personifica o clamor social contra os mamotretos e a prol da defensa dun privilexiado fragmento da nosa beiramar. #FóradasPercebeirasFóradeLabañou
Ler novas
Novas
Alexandra Fernández no Pleno

PP e PSOE unen os seus votos para tombar a iniciativa do BNG sobre As Percebeiras

PP e PSdeG acaban de tombar no Parlamento galego a proposición non de lei presentada polo BNG para instar a Xunta a someter o Plan Especial de Labañou M-18 -coñecido popularmente como “As Percebeiras”- ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, e non pola vía simplificada como está previsto, co obxectivo de poder avaliar así pormenorizadamente un plan que vai ter un “impacto terríbel” na fachada litoral e na paisaxe urbana da cidade.
Ler novas
Vídeo
A nosa cámara, nas Percebeiras

A nosa cámara, nas Percebeiras

A nosa deputada no Parlamento galego Alexandra Fernández vai levar a voz da veciñanza de Labañou ao Parlamento galego: non queremos máis un muro de cemento na beiramar. Os ecos do pasado -, os pelotazos, a especulación urbanística a custa do ben común- ímolos deixar ben atrás.
Ler novas
Novas
Francisco Jorquera e Avia Veira. Pleno 1 de outubro

Apoio ás mocións sobre a Casa Cornide e as axudas á hostelaría, rexeitada a das Percebeiras

O Pleno do Concello da Coruña aprobou este xoves as mocións defendidas polo BNG en relación á Casa Cornide e a respecto do sector da hostelaría, un dos máis castigados pola pandemia. En troca, e ao recibir os votos contrarios do PSOE e a abstención do PP, a moción do BNG en favor da retirada do proxecto das Percebeiras foi rexeitada. Esta última moción asumía as demandas da Asociación de Veciñas e Veciños de Labañou, até o punto de que o texto a debate foi redactado integramente por este colectivo veciñal.
Ler novas