A canle do BNG en Youtube acolle este venres un debate sobre a política urbanística que lle interesa a esta cidade

debate
debate

O encontro virtual será este venres a partir das 19 horas através da nosa canle de Youtube e nel participarán Plácido Lizancos, doutor arquitecto e profesor na ETSAC, as representantes veciñais Marisol Mirás (da AVV da Agra) e Pablo Leira (da AVV de Labañou) e a concelleira do BNG Avia Veira. O debate vaino moderar o tamén arquitecto Roi García.

A canle do BNG en Youtube acolle este venres un debate sobre a política urbanística que lle interesa a esta cidade

O BNG promove este encontro virtual após o Goberno Local ter encetado unha preocupante deriva cara políticas urbanísticas do pasado, como se pon de manifesto na non procura de responsabilidades polo escándalo do Conde de Fenosa ou no proxecto das Percebeiras. 

A intención da formación nacionalista é fomentar o debate e o contraste de ideas arredor da necesidade de que A Coruña camiñe cara unha política urbanística claramente alternativa que teña como norte a humanización e democratización dos espazos urbanos.

 

 

A canle do BNG en Youtube acolle este venres un debate sobre a política urbanística que lle interesa a esta cidade