Miranda e Jorquera exprésanlles a representantes da comunidade armenia a solidariedade do BNG coa causa da República de Artsakh

Jorquera e Ana Miranda coa comunidade armenia na Coruña.
Jorquera e Miranda posan coa bandeira da República de Artsakh e representantes da comunidade armenia
Ana Miranda e Francisco Jorquera mantiveron esta tarde, na sede comarcal do BNG, un encontro con Vahe Manukyan e Artak Mkrtichyan, representantes da comunidade armenia na Galiza.
Miranda e Jorquera exprésanlles a representantes da comunidade armenia a solidariedade do BNG coa causa da República de Artsakh

Na reunión, as nacionalistas galegas expresáronlles a inequívoca solidariedade do BNG coa causa da República de Artsakh, Nagorno-Karabakh.

"A súa é a nosa causa, a da democracia e a autodeterminación dos pobos", manifestou Ana Miranda. Manukyan e Mkrtichyan trasladáronlle á formación nacionalista o seu temor de que as súas compatriotas -"son millares as que están a morrer"- sexan vítimas dunha limpeza étnica nunha guerra detrás da cal estaría Turquía.

Para o BNG, neste conflito non cabe equidistancia: reclamamos de Madrid e Bruxelas que tomen partido pola defensa dos dereitos humanos máis elementais, a comezar polo dereito de cada pobo a decidir libremente o seu futuro. Iso foi o que Ana Miranda e Francisco Jorquera lles transmitiron aos representantes da comunidade armenia. 

 

Miranda e Jorquera exprésanlles a representantes da comunidade armenia a solidariedade do BNG coa causa da República de Artsakh