Jorquera cualifica os orzamentos de "ambiciosos" e, en resposta aos malos augurios do PP, destaca que si entrarán en vigor o 1X
Trasladámoslle ao Goberno Local un feixe de demandas da veciñanza dos Mallos
"Con este Acordo orzamentario quen gaña é A Coruña"
A Coruña vai ter por fin orzamentos novos -os vixentes son os prorrogados de 2022- e vainos ter xa a partir de 1 de xaneiro de 2024, a primeira vez que tal cousa acontece desde 2015.
É o produto dunhas "negociacións intensas e laboriosas" que "felizmente deron froito", dixo o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, após asinar coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o Acordo Político que garantirá a aprobación das contas en tempo e forma.
Quen vai gañar con este Acordo é, sen dúbida, a nosa cidade, enfatizou Jorquera na súa intervención ante os medios.
Consulta a íntegra do Acordo Político para o orzamento do Concello-2024
Acordo político para uns "bos orzamentos" para A Coruña que entrarán en vigor a 1 de xaneiro, o que non acontecía desde 2015
Retomar o convenio con Culleredo para mellorar o servizo de taxis en Alvedro
80 propostas para o Concello ter en 2024 uns bos orzamentos
Ante a vaguidade e imprecisión da resposta do Goberno Local no Pleno, rexistramos unha batería de preguntas sobre BiciCoruña
Urxido polo BNG, o Goberno Local anuncia por fin a convocatoria da Comisión de Bibliotecas
Na sesión de control ao Goberno Local do #PlenoNovembro a concelleira do BNG Mercedes Queixas interesouse pola situación das bibliotecas municipais xestionadas de forma indirecta, marcada polo fin do contrato da actual concesionaria -a 31 de outubro- e polos antecedentes de precariedade laboral, con atrasos na percepción dos seus salarios, sufrida polo cadro de persoal.
Queixas instou o “goberno en minoría de Inés Rey” a que convocase canto antes a primeira reunión da Comisión Especial de Bibliotecas, constituída hai xa un ano, e a que se avanzase na unificación da rede de bibliotecas, tal e como o BNG pactara xa co PSOE no Acordo de Investidura do primeiro mandato da actual alcaldesa.
A resposta de Gonzalo Castro é que existe o compromiso da continuidade na prestación do servizo “até que unha nova adxudicación estea garantida” e, canto á unificación da rede, para todas as bibliotecas municipais seren xestionadas directamente desde o Concello, remitiuse a un vago “estanse dando pasos”,
Sobre a posta en marcha da Comisión Especial das Bibliotecas, Castro avanzou que se reunirá por vez primeira o vindeiro 16 de novembro.