Consulta a íntegra do Acordo Político para o orzamento do Concello-2024
Uns "bos orzamentos", sociais, comprometidos cos barrios, con medidas para lidar co problema do acceso á vivenda. Uns orzamentos expansivos, 375 millóns de euros, para dinamizar a economía local e contribuír á creación de tecido produtivo e emprego de calidade.
24 nov. 2023 - 12:27
Eses son os trazos característicos das contas negociadas polo BNG e o Goberno Local e que este venres 24 de novembro foron refrendadas coa sinatura do acordo por parte da alcaldesa e o portavoz nacionalista no Concello, Francisco Jorquera.
Consulta, se for do teu interese, o texto íntegro do Acordo.