Novas
Planta de residuos de Nostián

O BNG celebra que o Concello tomase a decisión de intervir a planta de Nostián

O grupo municipal do BNG celebra que o Goberno Local decidise hoxe proceder a intervir a planta de Nostián. Esta é unha medida que a formación nacionalista leva semanas propondo, como a forma máis adecuada de responder ás actitudes chantaxistas dunha empresa concesionaria, Albada, que en todo momento mostrou a súa disposición a utilizar como reféns as e os traballadores de Nostián e os concellos do Consorcio das Mariñas.
Ler novas
Vídeo
Visita as e os traballadores en folga en Nostián

Visita as e os traballadores en folga en Nostián

Francisco Jorquera e Avia Veira trasladaron a solidariedade do BNG ao cadro de persoal da planta de tratamentos de residuos. Máis unha vez, a formación nacionalista instou o Goberno Local a que aplique o prego de condicións da concesión e interveña directamente a planta, para garantir o servizo á veciñanza coruñesa e a salvagarda dos dereitos das e dos traballadores.
Ler novas
pasarela

Unha pasarela para maquillar a falta de compromisos de Feixoo coa cidade

Desde que Feixoo é presidente da Xunta, isto é, por espazo dunha década, os investimentos do Goberno Galego na nosa cidade limítanse a escolas infantís financiadas por unha fundación privada —a de Amancio Ortega, a rehabilitación da Fábrica de Tabacos e agora a construción dunha pasarela que dá acceso a unha grande superficie comercial.
Ler novas