JORQUERA: "CO PP A PROPAGANDA VAI POR UN LADO E A REALIDADE POR OUTRO"

O PP rexeita incrementar en 53 millóns os investimentos na Coruña

Rolda de prensa presentación emendas BNG aos orzamentos da Xunta para 2020, con Ana Pontón.
Unha momento da rolda en que presentamos as 24 emendas, coa presenza de Ana Pontón.
O BNG lamenta que o PP votase en contra de todas e cada unha das 24 emendas aos orzamentos da Xunta en relación á cidade e á comarca da Coruña formuladas pola formación nacionalista no Parlamento galego.
O PP rexeita incrementar en 53 millóns os investimentos na Coruña

"Co PP a propaganda vai por un lado e a realidade por outro. A realidade é que votaron contra unhas emendas que tentaban corrixir uns orzamentos inxustos e marcadamente insuficientes para a cidade e a comarca", afirma o portavoz nacionalista en María Pita, Francisco Jorquera.

As 24 emendas do BNG propuñan aumentar as contas da Xunta na cidade en 52,9 millóns de euros e en 35,3 as da comarca.

"O PP non só vota contra as emendas do BNG. Vota contra a vontade maioritaria da cidade da Coruña expresada no pleno da corporación cando a maioría das forzas políticas representadas nel redactamos e aprobamos un texto conxunto de crítica das contas e de demanda da súa mellora", di Jorquera.
 

O PP rexeita incrementar en 53 millóns os investimentos na Coruña