UN DOS GRANDES DA MÚSICA POPULAR GALEGA
Por unha rúa que leve o nome do gaiteiro Pepe Temprano

É por isto que a concelleira do BNG Avia Veira, ao abeiro do Regulamento para a concesión de honras e distincións, acaba de rexistrar no Concello unha iniciativa para unha rúa da cidade levar o nome de Pepe Temprano. É o tributo máis que merecido “a toda unha vida dedicada á nosa música cunha traxectoria histórica de enorme calidade artística”
Aos 16 anos comeza a tocar a gaita e tamén o tambor. Xa moi novo, como parte dos Coros e Danzas da Sección Feminina da Coruña, deixase ver por palcos internacionais, a abraiar co seu talento o público de países como Francia, Holanda, os EUA, Canadá e México. “Segundo el mesmo dicía: ‘fun feliz coa gaita ao lombo’”, escribe Avia Veira na exposición de motivos desta iniciativa.
“Home polifacético onde os houber”, esténdese a concelleira nacionalista, Pepe Temprano tamén foi actor, chegando a rodar unha trintena de anuncios publicitarios”. Non fica a cousa aí: “Era tamén un coleccionista nato e atesourou unha das coleccións quer discográficas quer de instrumentos máis extensa de Galiza”. A súa casa era un auténtico museo: “Trompas de Mongolia, dulzainas de Nafarroa, tallados de Polonia...”.
En vida tivo tamén distincións como a que en 2017, en forma de Medalla de Prata Marcial del Adalid, lle concedeu a Real Academia Galega de Belas Artes. É hora de completar o tributo cunha rúa que honre a súa memoria.