AVIA VEIRA PREGUNTARÁ SOBRE ESTE ASUNTO NO PLENO DE OUTUBRO

Falta de impulso por parte do Goberno Local á hora de aprobar o catálogo de edificios a protexer dentro do PXOM

Lonxa do Gran Sol. 
A Lonxa do Gran Sol
No pleno realizado en novembro de 2018 a Corporación deu luz verde á aprobación inicial do catálogo do PXOM, o documento en que se relacionan aqueles edificios e bens de interese que deben ser protexidos.
Falta de impulso por parte do Goberno Local á hora de aprobar o catálogo de edificios a protexer dentro do PXOM

A aprobación inicial veu acompañada dunha suspensión de licenzas que está a piques de caducar, vaino facer en novembro,  e agora fica pendente o visto bon definitivo ao documento. E aí está o problema: en que o Goberno Local non está a mostrar moito interese en darlle curso a este último trámite, até o punto de que a concelleira do BNG Avia Veira denuncia a “nula implicación” do executivo coruñés á hora de axilizar o asunto.

“Nestes momentos a suspensión de licenzas está a piques de caducar”, relata Avia Veira, “e a modificación do catálogo do PXOM está aínda pendente do seu trámite definitivo”. Desde o BNG, salienta, “queremos alertar sobre a situación de desprotección en que se atopan edificios e bens a conservar na nosa cidade, o que podería levar a súa destrución ou  a súa deturpación, como o que aconteceu co edificio de Rede Eléctrica”.

No catálogo inicial de bens a protexer aparecen xoias do noso patrimonio urbanístico como a Lonxa do Gran Sol, o Observatorio Meteorolóxico ou o edificio da Citröen no cruzamento da Avenida de Oza con Rolda de Outeiro, mais “tamén outras edificacións que nos falan da historia da nosa cidade, de como foron nacendo os nosos barrios”.

“Nestes momentos a suspensión de licenzas está a piques de caducar”, relata Avia Veira, “e a modificación do catálogo do PXOM está aínda pendente do seu trámite definitivo”.

“A Coruña non pode perder máis patrimonio histórico e urbanístico”, di AviaVeira, de aí que o BNG lle conceda a esta cuestión a máxima importancia. “Descoñecemos que intencións ten o Goberno Local á hora de tramitar definitivamente o catálogo do PXOM, que necesariamente ten que ir a pleno”, engade a concelleira nacionalista, quen anuncia que o BNG formulará unha pregunta oral ao Goberno Local na próxima sesión plenaria da Corporación, xa no mes de outubro.

“Debemos protexer o noso patrimonio e darlle novos usos. Isto, que noutros lugares do mundo se ten moi claro, debera ser unha premisa fundamental no urbanismo da cidade”, conclúe.

 

Falta de impulso por parte do Goberno Local á hora de aprobar o catálogo de edificios a protexer dentro do PXOM