Integración da Coruña no Consorcio das Mariñas como paso previo á Área Metropolitana
08 set. 2012 - 23:03
Integrar o concello da Coruña no Consorcio das Mariñas cara á creación da Área Metropolitana.
Actuar solidariamente xunto cos concellos da Área metropolitana coa posta en común dos servizos para racionalizar o gasto público e optimizar os investimentos.
Compartir os seguintes servizos:
- A prestación integral do servizo de recollida selectiva e transporte conxunto dos residuos.
- O tratamento dos vertidos procedentes da recollida dos Residuos Sólidos Urbanos (RSU) e a xestión do ciclo da auga.
- A ordenación o desenvolvemento e, no seu caso, a xestión do transporte público metropolitano individual e colectivo, por estrada por camiños de ferro e marítimo, en colaboración coas outras administracións, conforme ao que a lexislación autonómica e estatal establece.
- A promoción e o desenvolvemento turístico dos concellos do Consorcio das Mariñas a través dun planeamento conxunto.
- A coordinación dos planeamentos urbanísticos no que se refire aos usos residenciais, industriais e de servizos que inclúa os corredores de transporte e as áreas de protección medioambiental e paisaxística e a planificación conxunta das infraestruturas que favorezan a mobilidade no ámbito do Consorcio.
- A coordinación e a planificación dos servizos sociais nas materias de violencia de xénero, emigración e inmigración, así como a coordinación da axenda cultural no ámbito do Consorcio.
- A execución de todas aquelas obras, planos, programas ou proxectos que as entidades en consorcio acorden ou que outras Administracións públicas decidan encomendarlle, co fin de mellorar a xestión de servizos e/ou actividades de interese xeral, ou para poñer en marcha novos servizos que o Consorcio asuma total ou parcialmente.
- A coordinación e planificación conxunta dos servizos da Protección Civil, a prevención e a extinción de incendios e salvamento.
- A coordinación e a implementación das competencias en materia de promoción e de creación do emprego, o fomento do tecido produtivo comarcal e a formación profesional que se promove desde os diferentes concellos.