Transporte colectivo metropolitano e sustentábel
08 set. 2012 - 23:05
- Apostar polo transporte colectivo metropolitano e sustentábel
- Elaborar un plano estratéxico de tránsito e transportes urbanos e metropolitanos de xeito que se reduza o uso de vehículos particulares e se incrementen as políticas de humanización.
- Promover un Servizo Público Metropolitano de Transportes Marítimos.
- Ampliar e mellorar as redes.
- Deseñar A Coruña como unha cidade cunha mobilidade urbana sostíbel, a través do correspondente plano de mobilidade.
- Realizar as xestións oportunas coas administracións competentes para poñer en marcha un tren metropolitano de cercanías, utilizando as vías actualmente en desuso, que inclúa Ferrolterra e Carballo; fundamental para o transporte de persoas e mercadorías.
- Estudar alternativas ao metro lixeiro como o metrobús.
- Integrar o sistema de transporte e comunicacións metropolitanos co exterior.
- Dar prioridade absoluta á Estación intermodal. Aínda que o BNG propugnou sempre que San Diego era a solución idónea, optouse por San Cristovo. É por isto que haberá que comunicar ambas e utilizar as vías de ferro de San Diego, e as liñas de tranvía actuais con modernos tranvías de superficie, e trazar ademais liñas de autobuses entre barrios no canto das lineais actuais.
- Mellorar o transporte público colectivo en canto rutas, frecuencias, gratuidade dos transbordos e unha verdadeira conexión entre os barrios da cidade e os distintos medios de locomoción: bus, tren, metro lixeiro e barco.
- Fomentar a utilización de vehículos eléctricos e potenciar a infraestrutura acaída para que funcionen.
- Levar a cabo unha permanente co sector dos e das taxistas para garantir unha maior calidade no servizo, tanto no que ten a ver coa planificación, coa sinalización e coa capacidade das paradas de taxis, como na información sobre as obras e como lles afectan no desenvolvemento do seu traballo.
- Axilizar e modernizar os trámites administrativos do colectivo do taxi co Concello.
- Crear un Servizo Municipal de Mobilidade.
- Establecer plans de actuación para conseguir un novo modelo de transporte no que se evite a sobreutilización do vehículo privado cara a un reparto modal máis equilibrado para viaxeiros e mercadorías.
- Ampliar os estacionamentos para bicicletas privadas nos principais lugares de encontro ou destino. Estes estacionamentos poderían ser parcialmente cubertos.
- Revisar a concesión da Compañía de Tranvías da Coruña para estabelecer uns prezos axeitados e mellorar os seus servizos.
- Investir en medios de transportes colectivos alternativos de propulsión con enerxías sustentábeis ou menos contaminantes.
- Ampliar e apostar decididamente pola rede de camiño de ferro do tranvía e do metro lixeiro.
- Estabelecer de prezos acaídos dos medios de transporte públicos para as persoas con menos recursos: desempregadas/os, terceira idade, non activas/os.
- Cambiar o modelo radial do transporte público por outro baseado na comunicación entre os distintos barrios.