O Concello da Coruña como motor de desenvolvemento social e económico

O Concello da Coruña como motor de desenvolvemento social e económico

No contexto actual de estancamento económico, é imprescindíbel que o Concello se implique na redefinición do modelo produtivo e avanzar cara a un novo modelo de desenvolvemento económico local sustentábel que recupere o dinamismo da actividade económica e o emprego.

O desenvolvemento económico do concello da Coruña será unha prioridade para o BNG. Para iso,  partiremos dunha análise rigorosa da situación do tecido económico local e das súas condicións específicas, co obxectivo final de consolidar e transformar o sistema produtivo local para atinxir maiores niveis de emprego.

O Concello ten unha importante función nesta área porque pode implementar liñas políticas de actuación, ben directas, na creación e fomento de tecido produtivo local, ou ben indirectas, orientadas a resolver problemas estruturais como a mellora dos transportes e as comunicacións, a dotación de solo empresarial e de centros de formación ocupacional, a mellorar a cualificación da forza de traballo e a impulsar a difusión da cultura empresarial, a información técnica ou a mellorar a capacidade empresarial.

Cómpre potenciar os sectores estratéxicos da cidade: pequeno e mediano comercio, polígonos industriais, ría do Burgo, actividades marítimo-pesqueiras, actividades do porto, Universidade da Coruña e emprego verde.

 

Para máis información, descarga o programa electoral co que o BNG se presentou ás eleccións locais. Toda a información relacionada coa actividade económica, no apartado dous.

O Concello da Coruña como motor de desenvolvemento social e económico