Fiscalidade local máis progresiva
08 set. 2012 - 22:59
- Establecer gravames máis elevados no IBI cando o suxeito pasivo sexa titular de grandes patrimonios, locais e pisos baleiros e en desuso, sen seren empregados.
- Ter en conta no establecemento de taxas, ademais do custe do servizo, outros criterios de equidade, como a capacidade económica dos usuarios e usuarias do ben ou servizo.
- Propiciar que o Concello participe non só nas taxas xa establecidas por ocupación de dominio público local, senón que tamén se beneficie doutros dominios públicos do seu ámbito xestionados polo Estado, como é o espazo radioeléctrico, ou tamén por exemplo a ocupación pública de entidades privadas como os caixeiros automáticos.