Abaratar o transporte público, revisar a concesión da Compañía de Tranvías e mellorar o bus
08 set. 2012 - 23:07
- Mellorar o transporte público colectivo en canto rutas, frecuencias, gratuidade dos transbordos e unha verdadeira conexión entre os barrios da cidade e os distintos medios de locomoción: bus, tren, metro lixeiro e barco.
- Revisar a concesión da Compañía de Tranvías da Coruña para estabelecer uns prezos axeitados e mellorar os seus servizos.
- Estabelecer de prezos acaídos dos medios de transporte públicos para as persoas con menos recursos: desempregadas/os, terceira idade, non activas/os.
Cambiar o modelo radial do transporte público por outro baseado na comunicación entre os distintos barrios.