ria-do-burgo
Novas
Mariscadoras

Parabéns ás mariscadoras da Ría do Burgo: a loita dá froitos

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, a deputada no Parlamento Galego, Mercedes Queixas, e o portavoz municipal do Bloque na Coruña, Francisco Jorquera, trasladaron ás mariscadores e mariscadoras da Ría do Burgo a satisfacción do Bloque por que a súa loita desde hai 14 anos dea os seus froitos: a ría vai ser dragada e o colectivo vai cobrar as compensacións polo cesamento da súa actividade mentres duren as obras. “É un exemplo de loita ambiental e económica para outros casos de rías que aínda non están saneadas”, destacou Ana Miranda.
Ler novas
Novas
foto Mercedes Queixas

O BNG logra un acordo do Parlamento para a Xunta adiantar as compensacións ás mariscadoras da Ría

O BNG acada un acordo unánime na Comisión de Pesca, tras aceptar unha emenda do Partido Popular,  polo que o Parlamento de Galiza insta a Xunta a “adiantar os cartos das compensacións económicas por  inactividade obrigada aos mariscadores  da Ría do Burgo durante o tempo que duren as obras de dragaxe e rexeneración, previa garantía de transferencia, mediante a sinatura dun convenio dos fondos pertinentes polo Estado para esta finalidade, o que permite activar garantías de protección aos mariscadores e evitarlles un compromiso de endebedamento  engadido innecesario, dende o inicio das obras”.
Ler novas
Novas
Francisco Jorquera e Fran Rei cos mariscadores da Ría do Burgo perante a Delegación do Goberno. Mércores 28 de abril de 2021.

En resposta ao BNG, o Goberno central dille ás mariscadoras da Ría que reclamen se se consideran prexudicadas

A dragaxe da Ría do Burgo é un proxecto que vai desenvolver a Administración central do Estado no dominio público marítimo terrestre e a súa realización vai ser incompatíbel coa práctica do marisqueo quer a pé quer a flote durante no mínimo 26 meses. É por isto que as e os mariscadores teñen que ser compensados polo cesamento forzoso da súa actividade.
Ler novas
Novas
IMG-20201218-WA0004

BNG e mariscadoras envían nova información á UE sobre o retraso inxustificado no saneamento da Ría

O BNG e a Confraría de Pescadores da Coruña, na que se integran as agrupación de mariscadoras e mariscadores, trasladaron á Comisión Europea os novos retrasos sobre o saneamento integral da Ría do Burgo, xa que o proxecto de rexeneración deste espazo aínda non está publicado no BOE. Esta información incorpórase á denuncia aberta na Comisión de Peticións presentada pola Confraría da Coruña en 2012 e despois de que unha misión de investigación integrada por eurodeputadas e eurodeputados viaxou á Ría do Burgo para coñecer in situ o grao de contaminación existente e a cantidade de lodos acumulados durante anos.
Ler novas
Novas
Reunión na Confraría

O PP só aceptaba que a Xunta puxese 10% das axudas ás mariscadoras durante a dragaxe da Ría do Burgo

Os votos do PP serviron para que a Comisión de Pesca do Parlamento da Galiza rexeitase hoxe unha iniciativa do BNG a través da cal a formación nacionalista demandaba que a Xunta compensase economicamente o colectivo de mariscadoras e mariscadores durante o tempo en que se realizará a dragaxe da Ría do Burgo e en que, consecuentemente, non poderán desempeñar a súa actividade profesional.
Ler novas