rexeneracion-urbana
Novas
Exterior da rúa Joaquín Martín onde está situado un dos pisos adquirido con irregularidades no proceso de adquisición

Exiximos a revisión minuciosa das compras dos pisos realizadas polo Concello

Propomos na Comisión de Rexeneración Urbana que se revise todo o proceso do concurso de compra de vivendas aplicándose axeitadamente as bases que o rexeron

Cómpre esta revisión porque o incumprimento das medidas das vivendas non se debeu á interpretación máis ou menos literal das normas do concurso senón a que o propio Concello non aplicou as bases que el mesmo deseñou e publicou admitindo ofertas e mercando dous pisos que non tiñan os metros cadrados sinalados na condición décima e polo tanto influíu na libre concorrencia

Ler novas
Novas
Exterior da comlexo de vivendas na rúa Joaquín Martín onde se atopa o piso comprado polo Concello

A voltas coas irregularidades a respecto do piso comprado polo Concello da Coruña

O Concello non pode aplicar ao chou as bases dun concurso xa que os metros cadrados que debían de medir as vivendas estaban perfectamente recollidos nas bases así como o seu cálculo e o piso da rúa Joaquín Martín Martínez non os cumpría

As bases do concurso sinalan que as vivendas non poderán estar incursas en ningún suposto de infracción urbanística non legalizábel, nin en situación de fóra de ordenación total. O Concello deu por bo un piso rexistrado como oficina e admitiuno no proceso, abrindo a interpretación do termo vivenda xa que se trataba dunha vivenda de facto nunha situación perfectamente legalizábel do que se dá conta nos informes que se recollen no expediente. Agora ben, desde o BNG non estamos de acordo e, así o manifestamos na reunión do mércores 14, con esa interpretación laxa das bases: a literalidade das normas que rexían o concurso sinalaban que o obxecto da compra son vivendas e en todo momento nas condicións que han de ter estas refírese a vivendas, non a pisos ou inmóbeis.

Ler novas
Novas
Lectura do manifesto pola "Accesibilidade xa!" lido polas entidades na actividade realizada o pasado 7 de novembro no Obelisco

A accesibilidade, a violencia machista e as obras de “Cada barrio conta” como preguntas para o #PlenoCoruña de decembro

Interpelamos ao Goberno municipal pola aplicación do Real decreto lexislativo 1/2013 sobre a accesibilidade que a partir do 4 de decembro será efectivo

Tamén preguntaremos no Pleno sobre as actuacións do Goberno local nestes dous anos e medio a respecto das súas accións en materia de loita contra as violencias machistas e o por que a Concellaría de Rexeneración Urbana considera determinadas actuacións, como as obras de emerxencia do arranxo colector de Rubine, como obras a contabilizar na campaña “Cada barrio conta”

Ler novas
Novas
Momento do recebimento pola veciñanza de Elviña de Álvaro Corral despois de ser depexado a súa propia casa

3 anos xa do desaloxo violento e do derrubamento da casa de Isabel e Álvaro

No terceiro aniversario do último desafiuzamento dunha casa de Elviña por causa do Ofimático, lembramos que sobre este núcleo segue a “espada de Damocles” do planeamento urbanístico

Contrasta a premura para darlle solución á situación dos cooperativistas coa lentitude do proceso de modificación do planeamento que exclúa as casas da marxe da Vedra

Segue pendente de efectivizarse o cambio de planeamento prometido pola Marea Atlántica que permitiría a exclusión das casas da marxe da avenida da Vedra

Ler novas
Novas
Valoración sentenza edificio Conde de Fenosa

A desfeita do edificio Conde de Fenosa que a pague quen a causou

Esiximos que se tomen todas as medidas necesarias para que os verdadeiros responsábeis da desfeita do edifico Conde de Fenosa, o Goberno de Francisco Vázquez e a empresa Fadesa, asuman a súa responsabilidade

Levabamos  advertindo desde 2011 que esta situación podería chegar a darse e lamentamos que durante o mandato do Partido Popular a estratexia seguida estivera encamiñada a demorar o máximo posíbel unha sentenza destas características sen actuar contra os culpábeis dos feitos

Sería irracional e escandaloso que as coruñesas e coruñeses tiveran que asumir, a conta dos seus petos, as ilegalidades cometidas por Fadesa durante o Goberno de Francisco Vázquez. Cremos, de feito, que o Concello da Coruña non ten responsabilidade patrimonial, con independencia das responsabilidades políticas ou persoais que puidesen derivarse daqueles que informaron e outorgaron unha licenza notoriamente contraria á normativa urbanística e da responsabilidade da promotora, xa que esta sabía e coñecía perfectamente que o proxectado era contrario ao PXOM en vigor a aquela altura

Ler novas
Novas
As hortas urbanas de Novo Mesoiro cando comezaban a levantarse na rúa Fragas do Eume

Seguimos sen prazos para recuperar as hortas urbanas de Novo Mesoiro

Entendemos que o Goberno municipal aínda non ten decidido nin onde nin cando reinstalará as hortas urbanas de Novo Mesoiro

Despois de lle trasladar ao Executivo local unha batería de preguntas a respecto da nova situación destas hortas logo de se ceder o terreo onde estaban para a construción do novo Colexio deste barrio, recibimos por escrito unha contestación ambigua na que non se aclara a situación inmediata das mesmas

Ler novas
Novas
A veciñanza de Elviña colocando pancartas na pasarela peonil nunha das concentracións que realizan todos os venres

Por que seguen sen desafectar as vivendas de Elviña afectadas polo Parque Ofimático?

Demandamos a mesma rapidez e axilidade ao Executivo local que a amosada hoxe na Xunta de Goberno para desafectar as vivendas afectadas de Elviña polo Parque Ofimático e que modifique de vez o planeamento para excluílas

Do mesmo xeito que hoxe se aproba en Xunta de Goberno a primeira fase das obras, o Goberno municipal pode ser igual de áxil e decidir o máis axiña posíbel  tomar medidas efectivas para cumprir co compromiso de desafectar as vivendas afectadas polo Parque Ofimático. Mentres non se faga seguirase a prolongar a situación de desamparo da veciñanza, que lembramos, cada venres, segue a se manifestar na pasarela peonil de Elviña esixindo unha solución á súa problemática

Ler novas
Novas
As hortas urbanas de Novo Mesoiro cando comezaban a levantarse na rúa Fragas do Eume

Cal será a nova disposición das hortas urbanas de Novo Mesoiro?

Desde a cesión á Xunta de Galiza a finais do ano pasado dos terreos onde estaban estas hortas para a construción do novo Centro Educativo non temos noticia de cando e onde se van recolocar, polo que preguntamos ao Goberno municipal se pensa recuperar este espazo para a veciñanza

Ler novas
Novas
Momento da rolda de prensa no que David Pena e Avia Veira ensinaban o progreso de execución de obras anunciado para 2016

Non era sen tempo que a área de Rexeneración Urbana comezara a licitar, por fin, varias das 57 actuacións

Tras acceder nas últimas semanas ao perfil do contratante constatamos que algunhas das actuacións prometidas para 2016 comezan a ser licitadas mais consideramos improcedente que sexa a través da nosa fiscalización e control que o Goberno da Marea se vexa obrigado a actuar nos barrios e que non sexa por iniciativa propia e en cumprimento das súas promesas   

Que nas últimas semanas se estean a sacar no perfil do contratante licitacións das obras anunciadas para 2016, xusto agora que o orzamento para 2017 aínda non está aprobado definitivamente, evidencia que o argumento empregado pola concellaría de Rexeneración Urbana, da necesidade de ter un orzamento cos investimentos asignados, era infundado e falso: estas actuacións se realizan en base os cartos de 2016, polo que a non realización das obras para cando se anunciaron só foi provocado pola ineficiente xestión de Xiao Varela da súa área

Instamos o Executivo local a que presenten que propostas doutras actuacións pensan realizar neste ano independentemente do cumprimento das intervencións anunciadas para 2016

Ler novas
Novas
Momento da rolda de prensa no que David Pena e Avia Veira ensinaban o progreso de execución de obras anunciado para 2016

Ou non hai resposta ou estásenos a tomar o pelo: as actuacións nos barrios seguen pendentes

As respostas do Goberno Municipal ás nosas preguntas (podes velas premendo aquí) a respecto das actuacións que finalmente non foron realizadas pero si prometidas para os barrios en 2016 son patéticas

Coa contestación recibida de porque as intervencións non se fixeron no prazo marcado pola propia concellaría de Rexeneración Urbana, entendemos que se está intencionadamente a non dar resposta porque o Executivo non ten escusa algunha á súa inacción

Queremos pensar que a contestación é ridícula e non unha burla, mais é outra evidencia de como entende a Marea Atlántica a acción de goberno e a relación cos demais grupos: estas actuacións só dependían da súa xestión polo que seguir escusándose na falta de orzamentos cando xa estaban aprobados é mentir, ademais de descubrir que o “Contrainforme”, que supostamente desmentía o noso traballo e elaborado pola concellaría e anunciado por Xiao Varela no Pleno de febreiro, non existe

Desde que presentamos o noso informe téñense completado outras tres actuacións, mais tamén advirtimos que despois de ter acceso ao expediente doutra, que dabamos por feita, aínda esta está en fase de licitación, polo que despois de 9 meses só se teñen completadas 5 das 57 actuacións prometidas para 2016

Ler novas