BARRIOS

Ou non hai resposta ou estásenos a tomar o pelo: as actuacións nos barrios seguen pendentes

Momento da rolda de prensa no que David Pena e Avia Veira ensinaban o progreso de execución de obras anunciado para 2016
Momento da rolda de prensa no que David Pena e Avia Veira ensinan a execución de obras en 2016

As respostas do Goberno Municipal ás nosas preguntas (podes velas premendo aquí) a respecto das actuacións que finalmente non foron realizadas pero si prometidas para os barrios en 2016 son patéticas

Coa contestación recibida de porque as intervencións non se fixeron no prazo marcado pola propia concellaría de Rexeneración Urbana, entendemos que se está intencionadamente a non dar resposta porque o Executivo non ten escusa algunha á súa inacción

Queremos pensar que a contestación é ridícula e non unha burla, mais é outra evidencia de como entende a Marea Atlántica a acción de goberno e a relación cos demais grupos: estas actuacións só dependían da súa xestión polo que seguir escusándose na falta de orzamentos cando xa estaban aprobados é mentir, ademais de descubrir que o “Contrainforme”, que supostamente desmentía o noso traballo e elaborado pola concellaría e anunciado por Xiao Varela no Pleno de febreiro, non existe

Desde que presentamos o noso informe téñense completado outras tres actuacións, mais tamén advirtimos que despois de ter acceso ao expediente doutra, que dabamos por feita, aínda esta está en fase de licitación, polo que despois de 9 meses só se teñen completadas 5 das 57 actuacións prometidas para 2016

Ou non hai resposta ou estásenos a tomar o pelo: as actuacións nos barrios seguen pendentes

Cualificamos como patéticas as respostas do Goberno Municipal ás nosas preguntas a respecto das actuacións que finalmente non foron realizadas pero si prometidas para os barrios da cidade en 2016.

E é que logo de recibir a contestación a cada unha das preguntas realizadas ao porque non foran realizadas no prazo marcado pola propia concellaría de Rexeneración Urbana entendemos que se está intencionadamente a non dar resposta porque o Executivo non ten escusa algunha á súa inacción.

Todas estas respostas, elaboradas de xeito idéntico, nun copia e pega ridículo, propio de patio de colexio, en ningún momento contestan ou aclaran as nosas preguntas. Simplemente se escusan en que a súa execución depende da aprobación dos orzamentos (sic) e nos remiten ao enlace da páxina web Obras e proxectos: Monográfico das obras e proxectos do concello da Coruña. Non entendemos esta contestación, xa que logo as actuacións foron anunciadas cando xa estaban aprobados os orzamentos de 2016 e, por tanto, o Goberno municipal sabía perfectamente se se podían executar ou non, e logo remitirnos á páxina web de acceso xeral, e que tamén empregamos para documentármonos cando fixemos o noso informe, polo que esa información xenérica demostra o que xa denunciabamos: que as obras non foron realizadas en 2016.

Maoa de seguimento das actuacións prometidas e non realizadas

Con todo, sinalamos que desde que presentamos o noso informe a mediados de xaneiro téñense completado só outras tres actuacións, mais tamén advirtimos que despois de ter acceso ao expediente doutra, e que daban por feita, aínda esta está en fase de licitación, polo que despois de 9 meses só se teñen completadas 5 das 57 actuacións prometidas para 2016.

Neste sentido o obxecto das nosas preguntas era precisamente aclarar que impedimentos foron os causantes para que a xestión para a realización das obras e actuacións no tempo sinalado non se realizaran, xa que logo consideramos inadmisíbel que o Goberno da Marea, que se laia constantemente dos bloqueos que sufre da oposición, non executara nin tan sequera as actuacións que o propio Executivo avanzou que realizaría ao longo de 2016, co agravante de ter xa un orzamento aprobado, polo que cuestionamos a capacidade dos responsábeis da concellaría, mais preocupados pola propaganda que polas actuacións reais nos barrios, que volven a estar abandonados durante este mandato.

É por iso que, coas contestacións achegadas, ratificámonos en afirmar que a xestión que realiza a concellaría é deficiente e consideramos agora máis que necesario que o concelleiro dea explicacións xa que os barrios seguen a estar na abandonados, tal e como os deixou o Partido Popular.

Queremos pensar que a contestación é ridícula e non unha burla, mais é outra evidencia de como entende a Marea Atlántica a acción de goberno e a relación cos demais grupos: estas actuacións só dependían da súa xestión polo que seguir escusándose na falta de orzamentos cando xa estaban aprobados é mentir, ademais de descubrir que o “Contrainforme”, que supostamente desmentía o noso traballo e elaborado pola concellaría e anunciado por Xiao Varela no Pleno de febreiro, non existe.

A Coruña, 9 de marzo de 2017

 

Noticias relacionadas

 

Ou non hai resposta ou estásenos a tomar o pelo: as actuacións nos barrios seguen pendentes