Novas
Interpelado por Veira, o Goberno Local anuncia que sentará a falar co BNG sobre os VTC cando conclúa o trámite de consulta pública
15/xan./2026
Interpelada pola concelleira do BNG Avia Veira, a responsábel de Mobilidade do Goberno Local, Noemí Díaz, anunciou no Pleno que xa asinou a resolución en virtude da cal o texto da futura Ordenanza sobre os VTC (Vehículos de Transporte con Condutor) pasará o trámite da consulta pública.