CÓMPRE ATENDER OS PROBLEMAS DE INSEGURIDADE VECIÑAL, MAIS TAMÉN A SAÚDE PÚBLICA, CON ESPECIAL ÉNFASE NA PREVENCIÓN E TRATAMENTO DAS DROGODEPENDENCIAS

Queixas insta a alcaldesa a que a través da Xunta de Seguridade Cidadá se preste atención especial aos Mallos

<p>Vermú solidario nos Mallos a beneficio dunha familia que perdeu a súa morada a causa dun incendio. 30 de marzo de 2025.</p>
Barrio de xente traballadora, en marzo de 2025 a veciñanza organizou un vermú solidario a beneficio dunha familia que perdeu a súa morada a causa dun incendio.
O Barrio dos Mallos é unha das áreas da cidade con máis personalidade propia, caracterizada pola súa xente traballadora, o dinamismo do seu comercio e tamén a arquitectura racionalista de moitos dos seus edificios.
Queixas insta a alcaldesa a que a través da Xunta de Seguridade Cidadá se preste atención especial aos Mallos

Infelizmente, nos últimos tempos o barrio está a ser noticia polo incremento da inseguridade veciñal, derivada dunha sucesión reiterada de actos vandálicos e de roubos.

É por iso que a concelleira do BNG e veciña do barrio, Mercedes Queixas, vai levar a cuestión ao Pleno do vindeiro xoves 15X en forma de rogo oral.

Sinteticamente, o BNG pídelle á alcaldesa que tome en serio estes problemas de inseguranza -liderando a adopción de medidas- e impulse o cumprimento da moción aprobada polo Pleno o pasado mes de setembro -a instancias da formación nacionalista-.

En definitiva, o Goberno Local, enfatiza Queixas, ten que demandar das forzas de seguridade do Estado, a través da Xunta Local de Seguridade Cidadá, “a atención necesaria sobre o barrio dos Mallos”.

“A veciñanza do barrio merece sentirse segura e ser parte dunha comunidade amábel e confortábel. E para iso ten que sentir a empatía e a proximidade dun goberno aliado como primeiro responsábel”, afirma Queixas.

Lembra a concelleira que no Pleno de setembro se deu apoio unánime a unha moción do BNG para lidar con este problema de forma integral, isto  é, por unha banda atendendo os problemas de inseguridade veciñal e por outra prestando atención á saúde pública, con especial énfase ao tratamento das persoas drogodependentes e en risco de exclusión social.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Queixas insta a alcaldesa a que a través da Xunta de Seguridade Cidadá se preste atención especial aos Mallos