POR MEDIO DUNHA PREGUNTA ORAL

Queixas leva ao Pleno a vulneración dos dereitos do cadro de persoal do Programa Lecer

Ágora
Exterior do Ágora
A concelleira do BNG Mercedes Queixas acha “incomprensíbel e inaceptábel” que o Goberno Local olle para outro lado mentres a empresa adxudicataria do Programa de Lecer, Serviplus, vulnera os dereitos das traballadoras e dos traballadores deste servizo que se vén prestando, con moito éxito de participación por parte da veciñanza, no Fórum Metropolitano e no Ágora.
Queixas leva ao Pleno a vulneración dos dereitos do cadro de persoal do Programa Lecer

Queixas vai levar o asunto ao Pleno deste xoves por medio dunha pregunta oral que reza como segue: “Ten verdadeiro interese o Goberno Local en manter debidamente o Programa de Lecer?”.

A concelleira nacionalista quere saber se o Goberno de Inés Rey se compromete cun programa cultural moi querido pola veciñanza, tal e como demostra que por volta de 3.000 participantes toman parte nel nas quendas de primavera e outono.

A adxudicataria do servizo débelle diñeiro ás traballadoras -o salario de decembro e a extra de nadal-. “É inaceptábel que o Goberno Local non faga nada ante reiteradas vulneracións dos dereitos laborais por parte da empresa”, afirma Queixas.

“O Goberno Local debe esixirlle á empresa que cumpra coas súas obrigas e que, por suposto, respecte os dereitos laborais e salariais do cadro de persoal. Só así demostrará ter un verdadeiro interese en soster e mesmo mellorar o Programa de Lecer, sobre todo tendo en conta que a partir do vindeiro mes de maio remata o contrato con Serviplus”, conclúe.

Queixas leva ao Pleno a vulneración dos dereitos do cadro de persoal do Programa Lecer