O PLENO DE XANEIRO APROBA POR UNANIMIDADE AS TRES MOCIÓNS DO BNG

Após o propor o BNG no Pleno, o Goberno Local anuncia a creación do distintivo do Comercio Local Histórico da Coruña

O Pleno do Concello aprobou hoxe por unanimidade unha moción do BNG de apoio ao pequeno comercio e a artesanía locais.

Nesa moción, da autoría do concelleiro nacionalista David Soto, figuraba como un dos puntos a creación dun distintivo do Comercio Local Histórico da Coruña.

O Goberno Local recolleu inmediatamente a luva e, durante o debate, o portavoz do Executivo coruñés, José Manuel Lage, anunciou a materialización desa medida.

Na súa intervención, David Soto lamentou que no recente mercadiño de Nadal, un poboado sobre o que o Goberno Local creou moitas expectativas e que infelizmente acabou sendo un fiasco, non se tivese en conta nin o pequeno comercio nin a artesanía locais.

“Ofrecémonos a facer propostas para o mercadiño do Nadal ser no futuro algo ben distinto”, afirmou Soto.

Alén do poboado natalicio, o BNG, entre outras propostas, insta o Goberno Local a que o Mercado de Santo Agostiño reciba o distintivo de Mercado Excelente de Galiza, a crear -en colaboración coas asociacións de comerciantes- un Directorio en Liña de Comercio Local e a deseñar campañas periódicas de promoción das tendas coruñesas.

O Pleno aprobou tamén por unanimidade as mocións de Mercedes Queixas e David Soto en relación, respectivamente, ao necesario coidado e mantemento dos centros de ensino público e á abordaxe integral do fenómeno do senfogarismo.

O texto sobre os centros de ensino público que finalmente se someteu a votación foi obxecto dunha transacción entre os grupos do BNG e do PSdeG-PSOE.

Após o propor o BNG no Pleno, o Goberno Local anuncia a creación do distintivo do Comercio Local Histórico da Coruña