Pleno de maio de 2021
Novas
Avia Veira e Francisco Jorquera no pleno de maio de 2021.

Sen respostas sobre o proxecto cultural do Concello e a ampliación de capital de EMVSA para o Complexo Deportivo do Castrillón

Na sesión de control ao Goberno Local, durante o Pleno deste xoves 6 de maio e a preguntas de Avia Veira e Francisco Jorquera, o portavoz do executivo coruñés, José Manuel Lage, nin foi quen de esclarecer cal é o proxecto cultural do gabinete presidido por Inés Rey nin respondeu cando se vai ampliar o capital social de EMVSA, un paso necesario para a apertura do Complexo Deportivo do Castrillón.

Ler novas
Novas
Jorquera e Avia nos escanos. Pleno de maio de 2021.

O Pleno aproba as mocións sobre Novo Mesoiro e a Sareb e rexeita a do porto pola negativa de PSOE e PP a apoiar a marcha do 30M

Dúas mocións aprobadas por unanimidade (a que versaba sobre as demandas da veciñanza de Novo Mesoiro e a que pedía a cesión dos inmóbeis da Sareb ao Concello) e unha terceira, a que se opuña á venda dos peiraos unha vez que se desafecten dos seus usos portuarios, rexeitada ao prosperar unha emenda de substitución do PSOE cos votos tamén do PP. Así se saldou este xoves o Pleno de Maio no que ten a ver coas propostas defendidas polo grupo municipal do BNG.
Ler novas
Novas
Reunion con veciñxs Novo Mesoiro. Fran Rei e Francisco Jorquera

3.000 vivendas, 7.500 persoas censadas: recollemos as demandas da veciñanza de Novo Mesoiro

3.000 vivendas, 7.500 persoas censadas. Ese é Novo Mesoiro. “Un barrio que ao longo destes anos demostrou un enorme dinamismo e un forte sentimento de identidade. Mais é tamén un barrio cunha clara conciencia, a de que os súas demandas e problemas non son tidas suficientemente en conta por parte do Concello”, entende Francisco Jorquera. O portavoz do BNG defenderá no Pleno deste vindeiro xoves unha moción coas demandas e problemas que lle trasladaron á formación nacionalista veciñas e veciños de Novo Mesoiro.
Ler novas