PREGUNTA ORAL DE JORQUERA NO PLENO DO VINDEIRO XOVES 6M
"Continuamos a esperar a pola ampliación dos convenios como tamén polo novo Presco"
Naquel Pleno o BNG emitiu un si condicionado a que se estendesen eses convenios a máis entidades cun novo modificativo de crédito.
Dous meses despois, continuamos a esperar por esa modificación orzamentaria, o que leva o noso portavoz, Francisco Jorquera, a rexistrar unha pregunta oral para o pleno do vindeiro xoves 6M co seguinte texto: “Cando ten previsto o Goberno Local presentar un modificativo para ampliar o anexo de convenios nominativos?”.
“En febreiro aprobamos os convenios máis prementes, os que tiñan maior urxencia, para non causar un prexuízo ás entidades, mais era evidente que facía falta abordar o antes posíbel unha nova modificación dos orzamentos para ampliar os convenios e para facelo nunha dupla dirección: primeiro, incrementando recursos e segundo incorporando máis entidades”, di Jorquera.
Problema? A “exasperante lentitude e falta de axilidade” do Goberno Local fai que dous meses despois “continuamos a esperar pola ampliación dos convenios como continuamos a esperar polo novo PRESCO e outras mudanzas nos orzamentos necesarias para atender as necesidades da cidade”.
Problema? A “exasperante lentitude e falta de axilidade” do Goberno Local
Todo isto en realidade é produto non só da escasa dilixencia do Goberno Local á hora de tramitar os asuntos, senón tamén da súa equivocada decisión de prorrogar os orzamentos. “Xa dixemos daquela, á altura de outubro de 2020, que os convenios non eran prorrogábeis e que iso ía producir un prexuízo ás entidades”, salienta Jorquera.
O Goberno Local móvese entre “a falta de previsión” e unha “preocupante tendencia a substituír a realidade pola propaganda como se mostra no seu Plan de Contratación, un plan que non é máis que un sumatorio de licitacións que xa veremos cando se concretan”, conclúe o voceiro nacionalista.