O Pleno de marzo aproba as tres mocións do BNG, dúas delas por unanimidade
Déficits evidentes na política do Goberno Local en materia de transparencia
A licitación conxunta das escolas infantís pode acabar coa adxudicación a unha empresa multiservizos sen conexión cos barrios
8M: o BNG pídelle ao Goberno Local que elabore de vez o Plan Municipal de Igualdade
A concelleira do BNG Avia Veira defenderá no Pleno do vindeiro xoves 10 de marzo unha moción sobre o 8M -Día Internacional das Mulleres Traballadoras-, unha iniciativa por medio da cal, e entre outras medidas, demanda do Goberno Local a inmediata elaboración dun Plan Municipal de Igualdade.
Unha moción en apoio aos sectores culturais da cidade
Jorquera pídelle ao Goberno Local que teña en conta o persoal á hora de licitar o novo contrato dos servizos do Fórum
É unha nova iniciativa de Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Concello. Trátase dun rogo oral -para a súa lectura no Pleno do próximo 10 de marzo- por medio do cal insta o Goberno Local a que teña en conta o persoal dos servizos complementares do Fórum Metropolitano á hora de elaborar os pregos do novo contrato destas prestacións do equipamento de titularidade municipal.