PREGUNTA ORAL DE FRANCISCO JORQUERA NO PLENO DESTE XOVES 10M

Déficits evidentes na política do Goberno Local en materia de transparencia

Avia Veira e  Francisco Jorquera. Pleno extraordinario Punta Langosteira.
Veira e Jorquera, durante un Pleno
Os “déficits evidentes” do Goberno Local en materia de transparencia constitúen o argumento dunha pregunta oral que lle vai dirixir Francisco Jorquera ao Executivo coruñés no Pleno ordinario de marzo deste xoves 10M.
Déficits evidentes na política do Goberno Local en materia de transparencia

O Goberno Local comprometeuse no se día a presentar na Comisión de Transparencia un informe anual das políticas en curso nesta materia. Promesa incumprida, denuncia Jorquera. O compromiso do Goberno Local incluía tamén o envío a esa Comisión de informes trimestrais de contratación pública ou semestrais de gastos de publicidade e propaganda.

Mais o problema é que tampouco se está a convocar ese órgano do Concello, presidido pola Marea Atlántica. “Non sei se a non convocatoria desa comisión fai parte do pacto orzamentario ao que chegaron os grupos municipais do PSdeG-PSOE e a Marea”, ironiza Jorquera.

En todo caso, a ausencia dunha política de transparencia digna de tal nome vese reflectida no feito de unha xuíza terlle lembrado ao Concello que o Estatuto do Empregado Público outorga aos delegados do persoal o dereito a recibiren información sobre distintos aspectos relativos ás políticas de persoal.

"Non sei se a non convocatoria da comisión de Transparencia fai parte do pacto orzamentario ao que chegaron os grupos municipais do PSdeG-PSOE e a Marea”, ironiza Jorquera

Esa mesma xuíza lembroulle ao Goberno Local que a Lei de Transparencia recolle que todas as persoas teñen dereito a acceder á información pública, polo que a maxistrada estimou un recurso da CIG instando o Executivo coruñés a cumprir coa súa obriga de lle fornecer a información que as persoas representantes da central sindical lle solicitaron (neste caso, sobre os nomeamentos de funcionarias e funcionarios en comisión de servizo desde 24 de xuño de 2019).

O BNG empraza o Goberno Local, en definitiva, a cumprir cos seus compromisos en materia de transparencia e a que proporcione aos grupos municipais e á representación do persoal do Concello a información que demandan.

 

 

 

 

 

Déficits evidentes na política do Goberno Local en materia de transparencia