JORQUERA, A JOSÉ MANUEL LAGE
"Vostede quere saber quen manda no BNG. Desde logo, vostede non. Vostede manda no Concello, pero no BNG quen manda é a súa militancia"
Despois de, no Pleno deste xoves, o portavoz do Goberno Local, José Manuel Lage, se referir á posición do BNG en relación á invasión de Ucraína por parte de Rusia –co argumento, falso, de que no Bloque hai distintas posturas sobre unha agresión que condenamos enerxicamente-, o noso voceiro no Concello, Francisco Jorquera, interpelouno nestes termos:
10 mar. 2022 - 19:46
“Vostede quere saber quen manda no BNG. Desde logo vostede non manda. Vostede manda no Concello, vostede manda en moitos sitios, se cadra quere mandar tamén no BNG. Pero perda toda esperanza: no BNG quen manda é a súa militancia”.