Novo ataque á Ría do Burgo e ao barrio de Oza: a Xunta aproba construír unha Planta para hidrocarburos no peirao de Oza
Presentamos unha batería de iniciativas no Parlamento galego para impedir a construción desta Planta de tratamento de aceites e hidrocarburos na bocana da Ría do Burgo
A autorización da Xunta de Galiza para a instalación desta planta de almacenaxe e pretratamento de aceites industriais e hidrocarburos no Peirao de Oza da Coruña asemella outra das actuacións sen sentido ás que nos ten afeita a Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación Territorial, amosando, asemade, o seu total desprezo para co medio ambiente nunha contorna constantemente agredida como a da Ría do Burgo
Pese ao informe técnico do Departamento de Xestión Enerxética e Residuos Urbanos do Concello da Coruña, recollendo as indicacións da Ordenanza Municipal de Vertidos e do Servizo Municipal de Saneamento, no que se indicaba que este proxecto «pode causar impactos ambientais significativos e que se trata dunha zona de sensibilidade especial», e recomendaba establecer medidas adicionais a considerar antes da aprobación do proxecto que «debería ser obxecto dunha avaliación ambiental ordinaria, e non simplificada», finalmente a Consellaría de Beatriz Mato decidiu seguir para adiante co proxecto, o que evidencia o que lle importa a cidade á futura candidata do Partido Popular