MEDIO AMBIENTE
Novo ataque á Ría do Burgo e ao barrio de Oza: a Xunta aproba construír unha Planta para hidrocarburos no peirao de Oza
Presentamos unha batería de iniciativas no Parlamento galego para impedir a construción desta Planta de tratamento de aceites e hidrocarburos na bocana da Ría do Burgo
A autorización da Xunta de Galiza para a instalación desta planta de almacenaxe e pretratamento de aceites industriais e hidrocarburos no Peirao de Oza da Coruña asemella outra das actuacións sen sentido ás que nos ten afeita a Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación Territorial, amosando, asemade, o seu total desprezo para co medio ambiente nunha contorna constantemente agredida como a da Ría do Burgo
Pese ao informe técnico do Departamento de Xestión Enerxética e Residuos Urbanos do Concello da Coruña, recollendo as indicacións da Ordenanza Municipal de Vertidos e do Servizo Municipal de Saneamento, no que se indicaba que este proxecto «pode causar impactos ambientais significativos e que se trata dunha zona de sensibilidade especial», e recomendaba establecer medidas adicionais a considerar antes da aprobación do proxecto que «debería ser obxecto dunha avaliación ambiental ordinaria, e non simplificada», finalmente a Consellaría de Beatriz Mato decidiu seguir para adiante co proxecto, o que evidencia o que lle importa a cidade á futura candidata do Partido Popular
Vimos de presentar esta mañá unha batería de iniciativas (podes descargalas premendo aquí) no Parlamento de Galiza para impedir a construción dunha Planta de tratamento de aceites e hidrocarburos na bocana da Ría do Burgo.
Deste xeito, damos traslado a sede parlamentaria da oposición veciñal xa amosada, tanto por entidades e asociación veciñais, así como particulares e incluso administracións, para coa construción desta planta da que se espera unha capacidade máxima de xestión de refugallos de 4.000 toneladas ao año, cunha capacidade máxima de tratamento de 26.280 m3/ano e dos que se van extraer mil toneladas ao ano de augas residuais nunhas instalacións situadas no peirao de Oza.
A instalación prevese nunha localización a menos de 500 metros de bancos de produción marisqueira, ao carón de sendas praias (Oza, Santa Cristina e Bastiagueiro), ao carón dun complexo náutico deportivo e dentro do conxunto urbano do barrio de Oza, asiduamente atacado por ser a zona dos peiraos da Coruña onde se teñen desenvolto actividades altamente contaminantes, causantes dunha contrastada polución medioambiental, como descargas de carbón e outros materiais, e por existir desaugues ou canalizacións que teñen producido filtracións e verteduras de hidrocarburos.
A autorización da Xunta de Galiza para a instalación desta planta de almacenaxe e pretratamento de aceites industriais e hidrocarburos no Peirao de Oza da Coruña asemella outra das actuación sen sentido ás que nos ten afeita a Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación Territorial, amosando, asemade, o seu total desprezo para co medio ambiente nunha contorna constantemente agredida como da Ría do Burgo.
Así, rexistramos esta maña atópanse sendas proposicións non de lei para o seu debate en Pleno e en comisión na que solicitan do Parlamento galego o instar á Xunta de Galiza a desestimar e rexeitar a construción dunha Planta de recepción e pretratamento de residuos xerados por buques, no Concello da Coruña, promovido por Limpeza Marítima de Óleos, S.L.U. Limpoil (clave do proxecto 2015/0167), ademais de trasladar varias preguntas e unha interpelación nas que esiximos da Xunta a xustificación da construción desta Planta e o por que só se ten realizado un Estudo de Impacto Ambiental Simplificado para un proxecto destas características.
Pese ao informe técnico do Departamento de Xestión Enerxética e Residuos Urbanos do Concello da Coruña, recollendo as indicacións da Ordenanza Municipal de Vertidos e do Servizo Municipal de Saneamento, no que indicaba que este proxecto «pode causar impactos ambientais significativos e que se trata dunha zona de sensibilidade especial», e recomendaba establecer medidas adicionais a considerar antes da aprobación do proxecto que «debería ser obxecto dunha avaliación ambiental ordinaria, e non simplificada», finalmente a Consellaría de Beatriz Mato decidiu seguir para adiante co proxecto, o que evidencia o que lle importa a cidade á futura candidata do Partido Popular.
A Coruña, 27 de novembro de 2017.