Néstor Rego
Novas
Encontro BNG cos mariscadores da Ría do Burgo

O BNG reclama as axudas aos mariscadores e que se semente toda a ameixa fina comprometida

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, anunciou esta mañá na Coruña novas iniciativas parlamentares para garantir a concesión de axudas ao colectivo de mariscadores da Ría do Burgo -após a dragaxe, non poden faenar pois o marisco aínda non acadou a talla mínima para a comercialización- e para se sementaren as unidades de ameixa fina comprometidas no proxecto de rexeneración.
Ler novas
Novas
Rosana Pérez, Francisco Jorquera, Ana Pontón, Néstor Rego. Presentación ante os medios da candidatura do BNG para as xerais 2023.

"O voto ao BNG ten un dobre valor"

"O voto ao BNG ten un dobre valor. É un dique fronte á dereita e á extrema dereita, mais á vez é o único voto que asegura que Galiza conte", dixo o noso portavoz no Concello, Francisco Jorquera, durante o acto de presentación da candidatura do BNG para as eleccións xerais do 23 de xullo que coprotagonizou canda Néstor Rego, número 1 da nosa lista pola circunscrición coruñesa, e Ana Pontón, líder do Bloque.
Ler novas
Novas
20230606_111058

Un "grupo galego forte" para defender os intereses da Coruña no Congreso

No andar superior da Cafetaría Macondo, os portavoces do BNG no Congreso e no Concello -Néstor Rego e Francisco Jorquera, respectivamente- ofreceron unha conferencia de prensa para dar conta do traballo realizado polo Bloque no Congreso nesta lexislatura en relación á cidade e á comarca da Coruña. Jorquera remarcou a importancia que tería a consecución dun "grupo galego forte" para a defensa dos intereses coruñeses no Parlamento estatal.
Ler novas
Novas
RDP

Máis de 30 emendas ás contas do Estado para asignar 260 millóns á cidade da Coruña e á súa comarca

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e o portavoz municipal e candidato  nacionalista á alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, presentaron este venres as máis de 30 emendas rexistradas aos Orzamentos do Estado de 2023 para a comarca e a cidade da Coruña por un montante total de máis de 260 millóns de euros. A formación nacionalista focalizará a negociación no incremento dos investimentos en materia de infraestruturas -sobre todo en materia ferroviaria coa modernización de liñas e a implantación dos cercanías- e servizos. Así mesmo, demandan a implicación do Goberno na reforma de instalacións e edificios de titularidade estatal para impulsar A Coruña e dotala de máis e mellores servizos.

Ler novas
Novas
Néstor Rego conferencia de prensa no Congreso

Levamos ao Congreso a ameaza de deslocalización do servizo de atención telefónica da antiga Unión Fenosa

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, vén de rexistrar iniciativas para evitar a deslocalización do servizo de atención telefónica ao cliente de Unión Fenosa Distribución na Coruña, por parte da empresa Teleperformance, e garantir a continuidade dos postos de traballo. A formación nacionalista defende realizar as mudanzas necesarias para blindar o servizo de atención ás persoas consumidoras, tamén para aquelas que queiran ser atendidas en galego. Propón que se condicione o acceso das empresas eléctricas a fondos públicos e a novas autorizacións de xeración a que a súa actividade económica resulte de maneira positiva no territorio creando postos de traballo estábeis.
Ler novas