Jorquera2023
Vídeo
Jorquera, candidato á Alcaldía: "A nosa vocación é liderar a cidade"

Jorquera, candidato á Alcaldía: "A nosa vocación é liderar a cidade"

Non imos ir ás eleccións de maio de 2023 para interpretarmos un rol secundario. Imos con toda a ambición que merece esta cidade. Imos coa vocación de ofrecermos unha alternativa confiábel e de liderarmos politicamente A Coruña para lle dar o impulso que necesita.

Esta foi a principal mensaxe que lanzou Francisco Jorquera no acto de presentación da candidatura do BNG á Alcaldía da Coruña, reto que el asume con humildade, mais con toda a determinación. Jorquera estivo acompañado no evento, ao que asistiu unha nutrida representación do tecido social e veciñal da cidade, por Ana Pontón.

A portavoz nacional do BNG, a quen Jorquera presentou como próxima presidenta da Xunta, dedicou ao portavoz do Bloque no Concello palabras moi agarimosas: "Paco é alguén que sempre está aí, accesíbel e aberto a toda a veciñanza, alguén que sabes que non che vai fallar·.

Ler novas
Novas
Presentación Jorquera como candidato á Alcaldía da Coruña, 16-9-22

Ana Pontón: "Jorquera será un alcalde coas mans libres para defender A Coruña ante a Xunta e o Estado"

Jorquera é “alguén que sempre está aí, accesíbel e aberto a toda a veciñanza, alguén que sabes que non che vai fallar”, dixo Ana Pontón, a portavoz nacional do BNG, durante o acto de presentación da candidatura nacionalista á Alcaldía da Coruña. “É o alcalde que precisa A Coruña para situar esta cidade á vangarda de Galiza e recuperar o pulso perdido”, engadiu.
Ler novas