Francisco Jorquera
Vídeo
Jorquera visita Mesoiro Vello e Vío

Jorquera visita Mesoiro Vello e Vío

A Coruña tamén ten rural e debe ser dignificado. Ese é o compromiso do BNG, reafirmou Francisco Jorquera durante a súa visita a Mesoiro Vello e Vío. Alí comprobou que hai moitas tarefas por realizar para completar a humanización destes núcleos de poboación, a comezar polo saneamento do Río Mesoiro-Monelos. Jorquera fixo a visita da man do presidente da Asociación de Veciñxs A Xunqueira-Mesoiro Vello-Vío, Javier Hurtado.
Ler novas
Novas
FJ

"Se decide voltar ao pasado, o Goberno Local encontrará no BNG un firme opositor"

“Se o novo rumbo” que vai tomar o Goberno Local após a recente crise de goberno, saldada coa incorporación dunha concelleira proveniente de Ciudadanos, significa “a volta ás políticas do pasado” o executivo coruñés encontrará no BNG “un firme opositor”, advertiulle Francisco Jorquera ao portavoz do gabinete municipal, José Manuel Lage, durante a quenda de preguntas orais do pleno.
Ler novas
Novas
Jorquera e Avia Pleno 10 de setembro de 2020

Apoio do Pleno de setembro ás tres mocións do BNG

O Pleno do Concello aprobou este xoves as tres mocións sometidas polo BNG á consideración da Corporación: sobre o comezo do curso académico, a musealización do pesqueiro ‘O Orzán’ e a non incautación polo Estado dos remanentes en poder da facenda local.
Ler novas
Vídeo
Jorquera: #SalvemosOOrzán

Jorquera: #SalvemosOOrzán

É moito máis que un barco: é un supervivente, un símbolo, un emblema. Está amarrado na Dársena de Oza e, se non o remediarmos, vaise converter en chatarra. O que Francisco Jorquera propón é ben distinto: que se restaure e se converta nun museo do mar e da pesca #SalvemosOOrzán
Ler novas