Francisco Jorquera
Novas
Almorzo informativo Avia e Jorquera cos medios locais.

O BNG vese como "a alternativa fiábel" perante a "crecente inestabilidade" do Concello

O PP apreséntase como a solución á inestabilidade que caracteriza a situación política do Concello da Coruña, cando en realidade este partido “lonxe de ser a solución é boa parte do problema”. “O PP é sinónimo de inestabilidade. Vai xa pola terceira voceira no que vai de mandato. Primeiro Bea Mato, despois Roberto Rodríguez, agora volven ao pasado con Rosa Gallego. A este paso todas as  concelleiras e concelleiros deste grupo van rotar ao fronte da portavocía. Din que son a única oposición cando en realidade funcionan como a delegación da Xunta no Concello da Coruña. Na práctica son axentes comerciais do señor Feixóo na nosa cidade”.
Ler novas
Novas
Mercado ecolóxico no mercado municipal de Santo Agostiño. Labrega Natura.

O BNG pídelle ao Goberno Local que potencie os mercados ecolóxicos

Até o xurdimento da pandemia no mercado de Santo Agostiño viña funcionando desde había anos un mercado ecolóxico promovido pola Asociación Labrega Natura, que puña a venda os seus produtos todos os martes do mes no último andar do edificio. A consecuencia da Covid-19 en marzo de 2020 suspendéronse as súas actividades sen que até o de agora o Concello respondese á solicitude que lle foi formulada para a súa reapertura. O Goberno Local tampouco deu resposta á petición de manter unha entrevista con Labrega Natura.
Ler novas
Novas
Birloque

Actuacións de humanización pendentes no Birloque, O Martinete e Someso

Após a recente visita de Francisco Jorquera aos núcleos de O Birloque, O Martinete e Someso, da man do presidente da Asociación de Veciñas e Veciños deses lugares, Ramón Mañana, o BNG vén de rexistrar unha pregunta por escrito en que se lle formulan diversas cuestións ao Goberno Local sobre a necesaria humanización deses barrios da cidade.
Ler novas
Vídeo
"A solución, a intervención!"

"A solución, a intervención!"

Francisco Jorquera insta o Goberno Local a que se poña a carón dxs traballadorxs de Alu Ibérica e demande con enerxía a intervención pública da factoría coruñesa. "A Coruña e a comarca non poden converterse nun deserto industrial", remarca, mentres que Mercedes Queixas lle esixe ao presidente da Xunta "que non lle trema nin o pulso nin a voz á hora de demandar a intervención pública da antiga Alcoa na Coruña" #OBNGNarúa #ASoluciónAIntervención.

MOSTRAR MENOS

Ler novas
Novas
C Celta

O remo e o piragüismo necesitan unha base: pódena ter se rexenerarmos os terreos da Conserveira Celta

O proxecto que manexa o Goberno Local é o de instalar unha base para as actividades deportivas náuticas no espazo ocupado polos antigos estaleiros Valiña. Mais este emprazamento presenta non poucos problemas para a práctica do remo olímpico e determinadas modalidades de piragüismo, polo que o BNG propón como alternativa acondicionar para estes deportes os popularmente coñecidos como terreos da Conserveira Celta, no recheo situado nas inmediacións da Pasaxe. Alí podería establecerse tamén a sede dunha futura Escola Municipal de Remo e Piragüismo. A formación nacionalista fai esta proposta a través dunha pregunta por escrito de Francisco Jorquera ao Goberno Local.
Ler novas