JORQUERA FORMÚLALLE UN ROGO ESCRITO AO GOBERNO LOCAL

O mal estado do pavimento da rúa Areal causa un traumatismo a unha veciña e caídas de peóns

Pavimento Rúa Areal
O deficiente estado do pavimento da rúa Areal, con lousas rotas e outras desprendidas sen teren sido repostas, ten provocado xa algunhas caídas de peóns e un traumatismo –diagnosticado polos servizos médicos como “arrancamento de troquiter do úmero dereito”- a unha veciña.
O mal estado do pavimento da rúa Areal causa un traumatismo a unha veciña e caídas de peóns

A consecuencia da lesión esta persoa sufriu dores e problemas de mobilidade no ombro afectado.

Esta situación levou o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, a rexistrar un rogo escrito para a súa lectura no próximo Pleno do Concello visando que o Goberno Local “proceda coa máxima dilixencia á reparación das beirarrúas da Rúa Real”.

“Alén da indemnización por danos e prexuízos” á que eventualmente teña dereito a veciña lesionada, Jorquera insta o Goberno Local a que “adopte medidas” para evitar que se poña en risco a integridade das persoas polo estado de abandono en que se acha a rúa.

O mal estado do pavimento da rúa Areal causa un traumatismo a unha veciña e caídas de peóns