ROGO ORAL DE JORQUERA PARA O PLENO DE NOVEMBRO

O Concello debe negociar a cesión dos terreos do Observatorio, dos que este centro xa pode prescindir

Observatorio Meteorolóxico da Coruña. Polígono da Agra. Foto: IG.
Foto: IG
Os terreos adxacentes ao Observatorio meteorolóxico da Coruña xa non son precisos para o desenvolvemento da función deste centro, grazas ao proceso de automatización que ten acometido.
O Concello debe negociar a cesión dos terreos do Observatorio, dos que este centro xa pode prescindir

Na contorna do Observatorio hai tamén unhas instalacións das que agora o centro pode prescindir, con excepción dalgúns aparellos de medición que só precisarían dun pequeno espazo de protección.

Sendo isto así, o razoábel é que o Concello negocie xa co Estado a cesión deses terreos, imprescindíbeis para dotar dun parque merecente de tal nome o barrio da Agra do Orzán.

Así o pensa o BNG, polo que o seu portavoz, Francisco Jorquera, vén de rexistrar un rogo oral para a súa inclusión no vindeiro Pleno do Concello da Coruña, a celebrar o primeiro xoves de novembro.

Cumpre lembrar, aliás, que a cesión dos terreos do Observatorio ao Concello figura como un dos compromisos contraídos polo PSdeG co BNG no Acordo de Investidura de xuño de 2019.

Na exposición de motivos deste rogo, salienta Jorquera que “estes terreos, dos que antes desfrutaba a veciñanza, están pechados ao acceso de veciñas e veciños desde o inicio da pandemia”.

O BNG pide, por tanto, a cesión dos terreos e tamén a súa apertura á veciñanza.

A formación nacionalista vai levar tamén este asunto ao Congreso a través do seu deputado, Néstor Rego.

 

O Concello debe negociar a cesión dos terreos do Observatorio, dos que este centro xa pode prescindir