Eleccións galegas do 12 de xullo
Novas
MQ en MA

"O debate mostrou que a alternativa ás políticas fracasadas de Feijóo é a Nova Galiza que representa Ana Pontón"

O debate da TVG mostrou que a alternativa ás "políticas fracasadas de Feijóo" é a "nova Galiza que representa Ana Pontón", dixo este serán Mercedes Queixas, número 3 do BNG ao Parlamento galego pola Coruña durante o mitin que a formación nacionalista ofreceu en Monte Alto e que estivo moi concorrido de xente.

Ler novas
Novas
Praza da Farinha

Mercedes Queixas, no comezo da campaña: "A Coruña necesita o cambio galego tanto como a que máis"

"A Coruña necesita o cambio galego tanto como a que máis. Estes 11 anos de Feijóo e do PP ao fronte da Xunta foron 11 anos perdidos tanto para Galiza como para a nosa cidade e comarca", afirmou esta noite Mercedes Queixas, número 3 da candidatura do BNG ao Parlamento galego pola Coruña, durante o acto de abertura da campaña da formación nacionalista. Centos de persoas ateigaron a Praza da Fariña para dar a saída á carreira electoral que nos ha levar ao 12X.

Ler novas
Novas
IMG-20200620-WA0004

Queixas visita o Feirón de Sada e remarca a aposta do BNG por un "comercio local sostíbel e vinculado á economía do país"

A candidata número 3 do BNG pola provincia da Coruña nas eleccións do vindeiro 12 de xullo, Mercedes Queixas, visitou na tarde de hoxe o tradicional feirón de Sada acompañada da concelleira de Promoción Económica, Turismo e Emprego, a tamén nacionalista Laura Rodríguez Pena. Canda elas estivo tamén o número 6 da candidatura, o sadense Carlos Babío.
Ler novas