MERCEDES QUEIXAS, DURANTE O DEBATE ABERTO "POR UNHA GALIZA DIVERSA E INCLUSIVA"
"O cambio galego traerá unha lei para garantir os dereitos do colectivo LGTBI"
Durante este acto, Mercedes Queixas remarcou que a igualdade de xénero e a defensa da diversidade serán "ideas forzas" que vertebrarán transversalmente "toda a acción política do goberno da Xunta" baixo a dirección de Ana Pontón, "quen a partir do 12X se converterá na primeira presidenta nacionalista e feminista da historia de Galiza".
O BNG compromete no seu programa políticas para avanzar, tamén no terreo da igualdade e a diversidade, cara unha nova Galiza. "Imos elaborar unha lei de identidade de xénero", anunciou Queixas, un texto legal que vai contar coa participación do colectivo trans e que vai estar baseado "na despatoloxización das idetnidades trans".
A formación nacionalista proponse tamén impulsar unha Lei Galega para garantir dereitos do colectivo LGTBI e ao tempo erradicar a homofobia, a bifobia e a transfobia. "Unha lei que actuará nunha multitude de campos, a educación, a educación, a mocidade, a familia, a cultura..." E con compromisos concretos: a recuperación do centro Quérote+, a creación do Observatorio galego contra o machismo e a LGTBfobia e a declaración dos crimes lgtfóbicos como delitos de odio.
No debate Queixas trocou impresións e puntos de vista co tamén candidato Carlos Babío, número 8 da candidatura do BNG, así como cos activistas LGTBI Rocío Gómez e Fran Rei e co escritor e ex deputado no Parlamento galego Lois Diéguez.