UNHA PRAZA DA FARIÑA ATEIGADA DÁ A SAÍDA Á CARREIRA QUE NOS HA LEVAR AO 12X

Mercedes Queixas, no comezo da campaña: "A Coruña necesita o cambio galego tanto como a que máis"

Praza da Farinha
Praza da Farinha

"A Coruña necesita o cambio galego tanto como a que máis. Estes 11 anos de Feijóo e do PP ao fronte da Xunta foron 11 anos perdidos tanto para Galiza como para a nosa cidade e comarca", afirmou esta noite Mercedes Queixas, número 3 da candidatura do BNG ao Parlamento galego pola Coruña, durante o acto de abertura da campaña da formación nacionalista. Centos de persoas ateigaron a Praza da Fariña para dar a saída á carreira electoral que nos ha levar ao 12X.

Mercedes Queixas, no comezo da campaña: "A Coruña necesita o cambio galego tanto como a que máis"

"Estamos a apenas 15 días de que se faga realidade o cambio galego. Un cambio que leve á presidencia da Xunta a unha muller nacionalista e feminista", dixo Queixa, quen chamou a unha "mobilización masiva" de todas as enerxías "que hai na sociedade galega a favor dunha nova Galiza, dunha Galiza con futuro e dona de si".

MQQueixas interveu nun acto que tivo lugar na Praza da Fariña en que partillou o atril con Vitoria Louro, responsábel comarcal do BNG; Tono Chouciño, candidato suplente; Rubén Gasalla e Carlos Babío, números 23 e 8 da candidatura, respecivamente, e Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Concello da Coruña.

Na súa intervención, a candidata do BNG saíu ao paso do vídeo propagandístico que sobre a súa xestión en relación á cidade da Coruña fixo circular Feijóo este mércores. "Por moita propaganda que agora lle bote, as coruñesas e os coruñeses saben que os gobernos de Feijóo ignoraron sistematicamente as necesidades desta cidade. Tan é así que a súa maior obra foi unha pasarela a un centro comercial que aínda por riba tivo que ser reparada aos cinco meses da súa inauguración", dixo Queixas.

FJ"Se alguén ten dúbidas sobre o ben que lle iría á Coruña cunha presidenta nacionalista que lle bote un ollo aos orzamentos da Xunta para 2020 en relación á nosa cidade e neles verá que o investimento per cápita que se destina á nosa cidade apenas representa a metade do promedio galego. Ese é o compromiso de Feixóo e do PP coa Coruña", dixo Jorquera.

"A sorte do BNG será a sorte da Galiza. O 12X imos levar unha alegría", proclamou Queixas no momento final do acto en que, canda Jorquera, descubriron ao público asistente o cartaz de Ana Pontón. A resposta desde as cadeiras non se fixo agardar: "Be-ne-gá, be-ne-gá, be-ne-gá!!!".

Mercedes Queixas, no comezo da campaña: "A Coruña necesita o cambio galego tanto como a que máis"