Queixas visita o Feirón de Sada e remarca a aposta do BNG por un "comercio local sostÃbel e vinculado á economÃa do paÃs"
A concelleira nacionalista explicou sobre o terreo as medidas adoptadas en Sada para reactivar o feirón dos sábados logo do periodo de parón derivado da crise da Covid19. Ao tempo, ambas falaron con numerosos comerciantes e veciños sobre a necesidade de continuar a potenciar o comercio local xa que, como asegurou Queixas ,"os comerciantes de proximidade son o sangue que circula polas arterias das novas vilas e cidades; dando vida ás nosas rúas, xerando emprego de calidade, dinamizando a produción do paÃs e ofrecendo un trato ao consumidor impensábel para as grandes multinacionais".
Queixas indicou que "diante dunha situación tan crÃtica como a que están a pasar os autonómos vinculados ao comercio e a alimentación, faise preciso un goberno galego que estexa á altura, que planifique e traballe man a man co sector para que este non quede atrás diante dos cambios nos hábitos e formas de consumo que se producen na sociedade". Nese sentido Laura RodrÃguez Pena sinalou que "falamos de xente que quere progresar, innovar e medrar, e nesa loita por adaptarse aos novos tempos, dende a administración local vemos que están en inferioridade de condicións fronte a un goberno autonómico que, liberalizando horarios e autorizando grandes superficies comerciais, non fai máis que dificultar a pervivencia dun sector fundamental dende o punto de vista económico pero tamén social para a vida de concellos coma Sada".