MERCEDES QUEIXAS, NO MITIN DO BLOQUE EN MONTE ALTO

"O debate mostrou que a alternativa ás políticas fracasadas de Feijóo é a Nova Galiza que representa Ana Pontón"

MQ en MA
MQ en MA

O debate da TVG mostrou que a alternativa ás "políticas fracasadas de Feijóo" é a "nova Galiza que representa Ana Pontón", dixo este serán Mercedes Queixas, número 3 do BNG ao Parlamento galego pola Coruña durante o mitin que a formación nacionalista ofreceu en Monte Alto e que estivo moi concorrido de xente.

"O debate mostrou que a alternativa ás políticas fracasadas de Feijóo é a Nova Galiza que representa Ana Pontón"

"Vimos un Feijóo sen ideas, nervioso, sen nada que ofrecer. Un Feijóo que encarna o pasado. E fronte a el vimos unha Ana Pontón con enerxía e determinación e, sobre todo, con algo do que carece o PP, proxecto de país", afirmou Mercedes Queixas, quen partillou atril coa concelleira do BNG na Coruña Avia Veira e co tamén candidato Carlos Babío, número 8 da lista.

Para Queixas, a escolla o 12X está clara, as galegas e os galego teñen que decidir "entre partidos que dependen de Madrid ou unha formación política, o Bloque Nacionalista Galego, que confía nas potencialidades e nas capacidades da sociedade galega para se facer cargo de si propia sen necesidade de lle pedir permiso a ninguén".

MQ en MA 2

A candidata fixo tamén un apelo á unha mobilización masiva o 12X, "de toda sociedade galega, mais moi especialmente da mocidade e das mulleres, nesta vainos o futuro, non podemos perder outros 4 anos, está en xogo o futuro dunha nova xeración, está en xogo a causa da igualdade", dixo.

É tempo de mudanza en Galiza, mais tamén o é na Coruña. "Os 11 anos de Feixóo na Coruña foron 11 anos de absoluta inacción na cidade e na comarca, de absoluto desleixo, de falta de asunción das súas responsabilidades", engadiu. O de Feixóo non só foi un goberno pésimo para A Coruña polo que non fixo, senón tamén polo que fixo: "Cando el chegou á Xunta en 2009 tiñamos un sistema financeiro propio. Que fica daquilo 11 anos despois? Nada, as caixas foron regaladas e o Banco Pastor foi absorbido. Eramos a capital financeira do país. Agora somos unha cidade máis fráxil e dependente. Ese é o legado que nos deixan Feijóo e o PP", concluíu.

"O debate mostrou que a alternativa ás políticas fracasadas de Feijóo é a Nova Galiza que representa Ana Pontón"