MERCEDES QUEIXAS, NÚMERO 3 DO BNG AO PARLAMENTO GALEGO POLA CORUÑA

"É fundamental que teñamos esperanza"

Mercedes Queixas
Reproducimos a seguir a entrevista a Mercedes Queixas, a nosa candidata número 3 pola Coruña, que apareceu publicada no dixital Entre Nós.
"É fundamental que teñamos esperanza"

Aprendendo da experiencia

A vida acaba de poñernos a proba. Aprendemos o que era o importante: coidar a saúde, ter un fogar, unha casa, compañía, a familia... as persoas...

Ensino

No ensino, agora o importante é planificar o curso que vén. Toda a parte que quedou perdida, temos que ver como se recupera no curso seguinte. Necesitamos rebaixar ratios, non podemos estar cunha cantidade de alumnado tan grande e tan diverso. E iso implica contratar persoal para poder atender dunha forma mais individualizada ao alumnado...

Cultura

A cultura foi unha luz, foi un balón de oxíxeno que nos axudou a sobrelevar moitas horas e a despexar moitas preocupacións. Dende o BNG decimos que queremos unha nova realidade: onde as persoas sexamos o primeiro, onde os dereitos das persoas estean blndados, onde o valor da humanidade realmente cotice á alza e onde miremos os por os outros

Que debería facer a Xunta no futuro inmediato?

Crer no país. Cando cres no que fas, avanzas. É non permitir que te desmatelen a industria. Falta querer o teu país, coñecelo e mirar por él. Precisamos un goberno galego que recoñeza os valores que temos e que mire por nós. O mellor está por vir e ímolo traballar conxuntamente, colectivamente.

 

"É fundamental que teñamos esperanza"