Novas
O BNG non dá por perdida Alu Ibérica e presenta varias iniciativas no Parlamento galego
06/maio/2022
O BNG non se resigna a dar por perdida Alu Ibérica –a súa desaparición agravaría aínda máis o preocupante proceso de desindustrialización que sofre a nosa cidade e comarca- e por iso a deputada nacionalista no Parlamento galego Mercedes Queixas presenta na cámara unha proposición non de lei visando que a Xunta promova un plan industrial para a factoría coruñesa que garanta a continuidade da súa actividade e, consecuentemente, o mantemento dos seus 300 postos de traballo.