RESPOSTA DO GOBERNO CENTRAL A UNHA PREGUNTA DE NÉSTOR REGO

O Goberno do Estado non contempla a intervención directa en Alu Ibérica

Ana Pontón comité de empresa de Alu Ibérica 2
Reunión do BNG co comité de empresa
“O Goberno considera que pode haber unha solución (...) para evitar perder capacidades industriais e manter o emprego, pondo todos os mecanismos e posibilidades de que dispón”, responde o Executivo español a unha pregunta por escrito formulada polo deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.
O Goberno do Estado non contempla a intervención directa en Alu Ibérica

Rego inquirira explicitamente o Goberno do Estado a respecto dunha eventual intervención pública, aínda que fose temporal, para salvar Alu Ibérica. Sobre esa opción, o Executivo español non se pronuncia, o que eixa entrever que en realidade non a contempla.

En realidade, limítase a dicir que “se está a traballar coa unidade de acción entre as administracións competentes e os sindicatos, co obxectivo de manter capacidades industriais e os empregos”.

Non precisa en ningún momento cales son os “mecanismos e posibilidades d de que dispón”.

Di o Goberno estatal que leva moito tempo traballando na procura dunha “solución viábel” para a planta coruñesa e recorda que Alu Ibérica “se encontra nun procedemento xudicial”.

Na pregunta por escrito que deu orixe a esta resposta, Néstor Rego lembra que Alu Ibérica “foi vendida baixo a supervisión do Ministerio de Industria, que deu o visto bon á operación”, polo que o “o Goberno debe intervir de forma decidida para evitar o dramático final que ameaza con se tornar realidade, pois en caso contrario o comportamento empresarial delituoso e a tolerancia gobernativa lograrán que se consuma o fechamento definitivo e a perda de 300 empregos industriais na comarca da Coruña”.

Canto ao rol xogado polo Goberno galego, Rego apunta que a Xunta asistiu á evolución dos acontecementos “como simple observador, lavando as mans e renunciado a exercer as súas competencias en materia de industria”.

O que defende o BNG é unha intervención pública combinada entre a administración estatal e galega.

 

O Goberno do Estado non contempla a intervención directa en Alu Ibérica