Avia Veira: "Esta previa do San Xoán ímola lembrar toda a vida. O Dépor xa é da Coruña a todos os efectos"
"Esta previa do San Xoán ímola lembrar toda a vida. Hoxe, por fin, o Dépor é da Coruña, tamén do punto de vista da denominación oficial do club. Quero felicitar a todo o deportivismo e moi especialmente a todas as persoas que durante anos loitaron por que o Depor incorporase o topónimo oficial da cidade", afirmou nas súas redes sociais portavoz do BNG e candidata nacionalista á Alcaldía, Avia Veira.
Veira parabenizou especialmente a rapazada do IES Rafael Dieste, cuxa campaña #AquíTaménSefala “foi clave para hoxe vivirmos un día histórico”.
As herbas de San Xoán
E como xa é tradición nas horas previas á noite máis festiva e rebuldeira do ano, o BNG repartiu herbas de San Xoán no Campo da Leña.
Lembrade: para potenciar as súas propiedade curativas, é ben poñelas en auga, ao orballo da noite e ao bico da lúa.